Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

MESES E REFRÁNS II

MESES E REFRÁNS II

MARZO

"Cando o marzo maiea o maio marcea"

"Se por marzo canta a ra, no maio xa calará"

"Gomo de marzo, non vai ao cabazo"

"A viña do bo amo pódase en marzo. A viña dun ruín pódase en abril"

"En marzo podar e cavar se queres colleitar"

"Marzo chegar, tempo de enxertar"

 

ABRIL

"Polo abril, xa só poda o labrego ruín"

"Polo San Marcos (día 25), o millo nin nacido nin no saco (semeado)"

"Abril amoroso, San Xoán ventoso"

"En abril e maio fai fariña para todo o ano"

"Abril chuvioso, maio pardo, San Xoán claro, enchen o carro"

"Abril frío, moito pan e pouco viño"

"Se o abril vén mollado, no maio canta o río e baila o prado"

"Ben coidado o colmear, por abril debe enxamiar"

"En abril augas mil, se non é ao comenzo, é no medio ou ao fin"

MESES E REFRÁNS I

MESES E REFRÁNS I

Un REFRÁN é un dito popular e sentencioso que contén un consello ou unha moralexa.

O refraneiro galego é prolífero, sobre todo no referente aos meses, relacionando estes co tempo e coas actividades agrarias. Precisamente sobre este aspecto imos tratar hoxe, nunha primeira parte:

XANEIRO:

"Poucas chuvias en xaneiro, enchen o canleiro"

"A sardiña no xaneiro, cúspelle a barba a un mariñeiro"

"Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame no eido"

"No mes de xaneiro pés no braseiro"

"Amor o primeiro, e a lúa a de xaneiro"

"En xaneiro, visita o outeiro; se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar".

"Por xaneiro, o ferreiro vale carneiro"

"A auga do mes de xaneiro mata ó usureiro"

FEBREIRO:

"Febreiriño do rabo torto, cos teus días vinte e oito, se tiveses máis catro, non queda nin gato, nin raposo no burato"

"Febreiro camiseiro, non dá boa meda, nin bo palleiro"

"Cando non chove en febreiro, nin bo pardo nin bo centeo"

"Neve febreiriña, tarda vén e logo camiña"

"A chuvia de febreiro, enche o cabaceiro"

"Ano de xeadas, ano de fornadas"

 

 

TORRE DE HÉRCULES

TORRE DE HÉRCULES

A Torre de Hércules de A Coruña, o faro romano máis antigo do mundo en activo, foi declarada  Patrimonio da Humanidade polo Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO, que celebra en Sevilla a súa 33 reunión.

A Torre de Hércules foi construída polos romanos como faro de navegación no século I  d. C., entre os reinados de Nerón e Vespasiano. A fachada actual da torre é o froito da remodelación neoclásica efectuada no século XVIII. Os datos máis importantes son:

  • Localización: 43º23´N 8º24´W.
  • Altura: 49 metros.
  • Altura sobre o nivel do mar: 106 metros.
  • Escalones: 234.
  • Alcance: 24 millas.
  • Destellos: grupo de 4 cada 20 segundos.

PROVERBIOS, CONTOS, LENDAS, ADIVIÑAS, REFRÁNS E OUTRAS COUSAS

PROVERBIOS, CONTOS, LENDAS, ADIVIÑAS, REFRÁNS E OUTRAS COUSAS

Iniciamos un novo TEMA, fundamentalmente adicado á cultura popular galega, na súa maioría con relación ao medio natural, que pretende recuperar e lembrar cousas do pasado pero aínda vixentes. Todas estarán baixo o título OUTRAS COUSAS.

Para comenzar un PROVERBIO (que é unha sentenza ou refrán que contén un consello ou unha ensinaza moral).

Non digas todo o que sabes,

porque o que di todo o que sabe,

moitas veces di o que non convén.

Non fagas todo o que poidas,

porque o que fai todo o que pode,

moitas veces fai o que non debe.

 Non creas todo o que escoites,

pois o que cre todo o que escoita

moitas veces xuzga o que non ve.

 Non gastes todo o que tes,

porque o que gasta todo o que ten,

moitas veces gasta o que non pode.

                                                   Anónimo

Merece a pena pararse un chisco a pensar o que di!