Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

HUMOR REAL: HISTORIA DE ESPAÑA EN TRES MINUTOS

 

Dani Orviz gañador do Poetry Slam, celebrado o pasado 12 de xaneiro no Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona, co seu poema Historia Ibérica Espídica.

CANTO SABES DE CINE VII

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Terminator. O Cyberdyne Systems T-800 modelo 1.0.1 foi encarnado polo actor Arnold Schwarzenegger na saga de películas Terminator. Este androide está programado para matar, do mesmo xeito que os outros modelos como o inesquecible  terminator líquido T-1000. As guerras entre humanos e robots foron un argumento moi común no noso cinema.

E imos coa proposta de hoxe:

7. "Aínda que teña que matar, enganar ou roubar, a Deus poño por testemuña de que xamais volverei pasar fame". A frase é da película...

- Vacacións en Roma

- O que o vento levou

- Tombstone

- Sabrina

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/cine/cultura/curiosidades

CANTO SABES DE CINE VI

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Psicose. Dirixida por Alfred Hitchcock e estreada en 1960, Psicose considérase unha das mellores películas da historia do cinema. Tras o falecemento do emblemático director, Universal  Pictures produciu tres secuelas, un remake e a recuela da película en forma de serie de TV como ’Bates Motel’.

E imos coa proposta de hoxe:

6. O modelo T-800 conforma un dos robots máis famosos da historia da ciencia ficción. Aparece en...

- Eu, Robot

- Curtocircuíto

- Terminator

- Robocop

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/cine/cultura/curiosidades

CANTO SABES DE CINE V

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Os 7 samuráis. Foi a primeira película sobre samuráis que dirixiu Akira Kurosawa e sentou precedente. Tanto que en occidente posteriormente chegaría a tan ben coñecida “Os sete magníficos”. Resumo: No Século  XVI unha aldea de campesiños indefensos é atacada e saqueada continuamente por unha banda de fuxidos. A súa intención é contratar a un grupo de  samuráis para protexelos. Foi estreada en 1954.

E imos coa proposta de hoxe:

5. Violencia, perversión, sexo... considérase o primeiro exemplo do subxénero slasher (subxénero do cinema de terror producido no contexto do así chamado cinema de explotación. Lasher, é un anglicismo derivado da palabra «slash» («coitelada» ou «corte» en inglés). Anthony Perkins abandeira esta gran película.

- Psicose

- O Proceso

- Asasinato no  Orient  Express

- O xuíz da forca

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/cine/cultura/curiosidades

ANO 4717

Viñeta de Davila no xornal Faro de Vigo de hoxe

O luns pasado, día 4, comezou o ano 4717 segundo o calendario chinés, un cómputo que parte dende o ano 2697 a. C. Sempre cae na lúa Nova máis próxima ao día  equidistante entre o solsticio de inverno (entre o 21 e o 23 de decembro) e o  equinoccio de primavera (entre o 20 e o 21 de marzo) do hemisferio norte. Por iso varía cada ano entre o 3 e o 5 de febreiro, nunha data que está aproximadamente 45 días despois da do solsticio de inverno e 45 días antes da do  equinoccio de primavera.

Outra das curiosidades do Ano Novo Chinés é a identificación cun dos 12 animais espirituais do  zodiaco chinés, que se repiten de forma cíclica. Este ano deixamos atrás o ano do can e empezamos a transición cara ao ano do porco, que se asocia coa fertilidade e que se vaticina como un ano alegre e no que primará o diálogo e a diversión.

Feliz ano!

CANTO SABES DE CINE IV

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Jurassic Park. Esta película é outro dos éxitos de  Steven Spielberg. Baseada na novela homónima de Michael  Crichton, o parque de atraccións con dinosauros clonados foi toda unha revolución. A cinta obtivo tres premios Óscar e todos aclamaron os efectos especiais que facían parecer case reais aos dinosauros. Outras películas con dinosauros: O planeta dos dinosauros, O mundo perdido, Viaxe ao mundo perdido, Camiñando con dinosauros, Pterodáctilo, Ice  Age, A viaxe de  Arlo...

E imos coa proposta de hoxe:

4. Trátase dunha das películas máis influentes na historia do cinema. A acción transcorre no Xapón do século  XVI.

- Ran

- Harakiri

- Os 7  samuráis

- O último  samurái

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/cine/cultura/curiosidades

CANTO SABES DE CINE III

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Cidadán Kane. Esta demoledora e irrebatible frase foi pronunciada por Bernstein (Everett  Sloane) nesta aclamada película dirixida por Orson Welles en 1941: Cidadán Kane. Outra das famosas frases de Cidadán  Kane é "Se non fora tan rico, chegaría a ser un gran home".

E imos coa proposta de hoxe:

3. Os dinosauros puxéronse de moda grazas a esta película.

- Na busca do val encantado

- King Kong

- Parque  Xurásico

- Godzilla

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/cine/cultura/curiosidades

CANTO SABES DE CINE II

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Metrópoles. Dirixida por Frizt Lang en 1927, a película muda Metrópoles e o malvada robot María falaban do futuro; un no que esta icona metálica e aterradora segue creando escola nos cineastas de mundos futuristas. Inesquecible a escena da transformación de María.

E imos coa proposta de hoxe:

2. "Non é tan difícil facer diñeiro cando é só facer diñeiro o que se pretende". A que película corresponde esta frase?

- Cidadán Kane

- A cor do diñeiro

- O lobo de  Wall  Street

- Tarde de cans 

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/cine/cultura/curiosidades