CANTO SABES DE CINE V
A contestación correcta á pregunta do día anterior é Os 7 samuráis. Foi a primeira película sobre samuráis que dirixiu Akira Kurosawa e sentou precedente. Tanto que en occidente posteriormente chegaría a tan ben coñecida “Os sete magníficos”. Resumo: No Século XVI unha aldea de campesiños indefensos é atacada e saqueada continuamente por unha banda de fuxidos. A súa intención é contratar a un grupo de samuráis para protexelos. Foi estreada en 1954.
E imos coa proposta de hoxe:
5. Violencia, perversión, sexo... considérase o primeiro exemplo do subxénero slasher (subxénero do cinema de terror producido no contexto do así chamado cinema de explotación. Lasher, é un anglicismo derivado da palabra «slash» («coitelada» ou «corte» en inglés). Anthony Perkins abandeira esta gran película.
- Psicose
- O Proceso
- Asasinato no Orient Express
- O xuíz da forca
Mañá a solución!
FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/cine/cultura/curiosidades
0 comentarios