Blogia
vgomez

A VÍA LÁCTEA ESTÁ DEFORMADA

Recreación da Vía Láctea, con los bordes ’dobrados’ / Chao Liu (Academia China das Ciencias)

Se puidésemos observar a nosa galaxia desde fóra, por centos de miles de anos luz, veriamos varios brazos espirais que forman un disco aproximadamente circular. Pero ao colocalo de canto, comprobariamos que o disco non é perfecto: ademais de ter un centro avultado pola concentración de estrelas e gas, o plano galáctico está  alabeado, como unha táboa de madeira que curvouse baixo a choiva.

Esta deformidade da Vía Láctea coñécese desde finais do século XX, pero como os astrónomos só poden observar os bordos da galaxia desde dentro, non lograran describila con precisión. Un novo mapa publicado en Nature Astronomy sitúa en tres dimensións a posición de 1.339 estrelas da Vía Láctea para ofrecer a primeira visión fiel do  alabeo.


Mapa 3D de 1.339 estrelas que mostra o  alabeo da Vía Láctea. Cada punto azul é unha estrela  observable no espectro visible, cada punto vermello é unha estrela  observable no espectro infravermello. O  cheurón negro indica a posición do Sol / Richard de Grijs (Univ. Macquarie)

O equipo de investigación, formado por científicos de China e Australia, centrouse en astros chamados variables cefeidas. Son estrelas que pulsan radialmente (como un faro), cun período moi estable que é directamente proporcional á súa luminosidade. Isto permite coñecer o brillo intrínseco da estrela con tan só contar o intervalo de tempo entre as súas pulsacións. Logo, pódese calcular a súa distancia desde a Terra, comparando o brillo  observable co real. Estas propiedades das cefeidas, descubertas pola calculista Henrietta Leavitt entre 1908 e 1912, convertéronas en obxectos idóneos para medir distancias astronómicas.

A información que analizaron provén do telescopio espacial astronómico WISE, lanzado pola NASA en decembro de 2009. Ademais, apoiáronse en datos da sonda espacial Gaia, a misión de  astrometría da Axencia Espacial Europea, activa desde 2013.

O modelo confirma que as irregularidades do bordo galáctico débense á interacción entre a forza gravitatoria e centrífuga do núcleo denso de estrelas. Son deformidades que non estaban presentes cando a Vía Láctea era máis nova. O novo mapa, pola súa exactitude, permite descartar algúns modelos sobre a formación e evolución de galaxias, así como afinar as predicións doutros.

Por primeira vez, a investigación revela unha  precesión no propio eixo do  alabeo da galaxia, previamente descoñecida. Isto significa que, ademais de dobrarse os bordos da galaxia en sentidos opostos, tamén retórcense de forma perpendicular ao disco nos extremos. Para visualizar este fenómeno, pódese considerar a Vía Láctea como un disco composto por aneis concéntricos, e cada anel dóbrase de forma diferente, de maneira que alcanzan ángulos máis pechados segundo afástanse do centro.

FONTE:Bruno Martín/elpais.com.ciencia

0 comentarios