Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

PAREIDOLÍA

PAREIDOLÍA

Pareidolía nunha nube no festival de Pinkpop en Limburg-Amsterdam,produto dunha tormenta / Imaxe: Asusta2

Recibe este nome o fenómeno de ver caras ou formas de cousas nas nubes ou no lume.

O fenómeno psicolóxico responde á tendencia do ser humano a organizar en estímulos que teñan sentido as cousas que ve. Aos humanos cóstanos moito ver formas aleatorias (ou escoitar cousas noutros idiomas) sen buscar un significado, algo que o noso cerebro recoñeza. Alí onde só hai unha mancha, unha sombra ou unha rugosidade, o ser humano ve unha forma ou un rostro, dependendo da imaxinación do ollo que o ve. Porque onde non hai orde, a nosa mente pona, pois o noso cerebro sempre está clasificando e ordeando.

Cando percibimos algo, non só o facemos obxectivamente a traves dos ollos e os oídos, senón que inconscientemente creamos patróns que nos permitan identificar o que observamos e darlle un sentido.

Pero coidado, percibir formas e expresións concretas a partir de estímulos ambiguos pode xogarnos malas pasadas e facernos ver e oir cousas que non existen.

FONTE: Calendario Menajero 2017


PREMIOS ÓSCAR 2017

 

Na pasada madrugada celebrouse a gala da 89ª Entrega de los Premios Óscar Dolby Theatre, Los Ángeles-California (Estados Unidos). Estes foron os galardoados:

Mellor Película:  “Moonlight” Barry Jenkins

 Mellor Actriz: Emma Stone por “La La Land”

Mellor Actor: Casey Affleck por “Manchester fronte ao mar”

Mellor Actriz de Reparto: Viola Davis por “Fences”

Mellor Actor de Reparto: Mahershala Ali por “Moonlight”

Mellor Director: Damien Chazelle por ”La La Land”

Mellor Guión Adaptado: Barry Jenkins e Tarell Alvin McCraney por “Moonlight”

Mellor Guión Orixinal: Kenneth Lonergan por “Manchester fronte ao mar”

Mellor Canción Orixinal: City of Stars de “La La Land”

Mellor Banda Sonora Orixinal: Justin Hurwitz por “La La Land”

Mellor Fotografía: Linus Sandgren por” La La Land”

Mellor Curto de Ficción:Sing”

Mellor Curto Documental: “Os Cascos Brancos”

Mellor Montaxe: John Gilbert por “Ata o último home

Mellores Efectos Visuais:  “O libro da Selva”

Mellor Deseño de Produción:La La Land·

Mellor Película de Animación:Zootrópolis”

Mellor Curto de Animación:Piper”

Mellor Película de Fala Non Inglesa: “O Viaxante”

Mellor Mestura Musical: “Ata o último Home”

Mellor Montaxe Musical: ”A chegada”

Mellor Documental: “O.J.: Made in America”

Mellor Vestiario:Animais fantásticos e onde atopalos”

Mellor Maquillaxe: “Escuadrón Suicida”

Parabéns aos gañadores!

FONTE: Xornal La Vanguardia

CHEGOU O ENTROIDO

CHEGOU O ENTROIDO

 

Chegou o Entroido! Festa popular e rural, que nas vilas pasa a ser carnaval. Tempo de transgresións e onde, case todo, está permitido.

Pero tamén días de descanso: 27, 28 de febreiro e 1 de marzo (luns, martes e mércores respectivamente).

Vémonos o xoves, día 2!

Que o pasedes ben!

MOLEY, O CHEF ROBOT

 

Nun futuro moi próximo, cando nun restaurante cedamos a ese costume tan español de querer entrar na cociña para felicitar ao chef, é probable que sexamos incapaces de facelo a non ser que saibamos algunha linguaxe de programación. Porque tras os fogóns, en lugar de alguén con gorro de cociñeiro, atoparemos un robot. Talvez o da linguaxe de programación sexa un pouco esaxerado... porque o robot entenderanos de todos os xeitos. De feito ese prodixio xa existe e podes comunicarche con el a través dunha pantalla táctil ou unha aplicación móbil.

Ata hai ben pouco a idea dun robot cociñeiro pertencía tan só ao terreo da imaxinación, e non con moi bos resultados. Na actualidade, con todo, as máquinas ocupan practicamente calquera espazo da nosa vida cotiá, e a cociña non ía quedar á marxe.

O que ata agora coñeciamos como robot de cociña non pasaba de ser un aparello capaz de triturar, cocer, bater e fritir alimentos. Unha máquina útil pero moi afastada da imaxe que temos dun robot. Moley é completamente distinto, xa que se trata dunha cociña con todo o necesario (forno microondas e vitrocerámica incluída) que desprega dous brazos robóticos de alta precisión capaces de facer o traballo completo... e limpar despois. O creador deste robot é Mark Oleynik, un matemático e programador que está convencido de que a súa idea será un éxito porque, grazas a Moley, calquera poderá ter acceso a comer pratos realizados polos mellores cociñeiros do mundo. Á fin e ao cabo, asegura Oleynik, o segredo dos chefs está na súa imaxinación: se fósemos capaces de ter exactamente a mesma materia prima, con idénticas cantidades, os mesmos procesos de cociñado e os movementos exactos para levar a cabo as receitas (incluído o emplatado), todos poderiamos realizalos. E iso é o que fai Moley, posto que primeiro captura os movementos dos cociñeiros para reproducilos despois; aínda que esa precisión mecánica nunca poderá substituír, segundo Oleynik, a creatividade dun verdadeiro mestre da cociña.

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País

A 167 KM/H EN BICICLETA

 

O atleta austriaco Markus ’Max’ Stöckl bateu un novo récord de velocidade en bicicleta. O ciclista alcanzou os 167 km/h durante o seu descenso no deserto de Atacama (Chile). Stöckl, de 42 anos, necesitou once segundos e 650 metros para chegar a ese pico de velocidade sen necesidade de pedalear.

O deportista chegou "exhausto" á liña de meta debido á forte tensión que tivo que soportar durante o descenso de 1.200 metros. A montaña onde bateu o récord atópase a 3.972 metros de altura e ten un desnivel de 45 graos. O ciclista utilizou un traxe especial con airbag, similar ao que empregan os corredores de esquí e os saltadores e unha bicicleta de montaña sen modificacións, para non restar velocidade. Con este rexistro bateu a marca que lograra en 2011 cando alcanzou os 164,95 km/h no volcán do Cerro Negro de Nicaragua.

FONTE: Xornal El País

AS DÚAS CARAS DO PAPEL DE ALUMINIO

 

O dilema sobre por que lado hai que usar o papel de aluminio é case tan antigo como este elemento da cociña. Poden usarse as dúas caras? Cal é a mellor? Estes días volveu a estenderse por redes sociais e WhatsApp un bulo que leva polo menos dous anos dando voltas, segundo o que, a outra cara do rolo (a máis brillante) leva unha capa protectora que impide que o aluminio estrague os alimentos e por iso debería ser esta a que está en contacto coa comida e non a outra.

Esta afirmación é falsa, como confirma a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) na súa páxina web: "É rotundamente falso afirmar que unha cara do papel e outra son distintas e teñen propiedades distintas. Son exactamente iguais salvo na cor. O papel de aluminio é igual de eficaz por ambas as caras. Non é tóxico a non ser que se inxira".

"A presenza dunha cara brillante ou mate é debido ao proceso de fabricación polo que pasa, a parte exterior de ambas as láminas, en contacto cos rodetes, quedará máis puída e por tanto máis brillante; mentres que a parte interna, en contacto coa outra lámina, terá un aspecto mate. As propiedades do papel de aluminio non ven afectadas en ningún momento por este proceso, posto que é posible utilizalo indistintamente por unha cara ou outra", indican dende unha marca comercializadora deste produto como é Albal.

No vídeo superior tedes o proceso de fabricación do papel de alumnio.

Zanxado!

FOTE: Verne/xornal El País

O "BOLI" MILAGROSO

 

A meninxite bacteriana é unha desas enfermidades cuxo nome causa temor con tan só mencionalo. Especialmente porque a súa mortalidade afecta os pacientes máis vulnerables, os nenos, nos países máis desfavorecidos. Segundo cifras da Organización Mundial da Saúde, a meninxite bacteriana causa anualmente a morte de 240.000 nenos menores de cinco anos no mundo (ao redor de 60.000 deles neonatos). A maioría destas mortes son por causa dun diagnóstico tardío ou equivocado debido á complexidade de identificar os síntomas con certeza (febres sen causa aparente, dores de cabeza, náuseas e vómitos, entre outros). Ata agora, só unha punción lumbar podía identificar a enfermidade correctamente, un método doloroso para os pequenos e na maioría das ocasións difícil de realizar en moitos lugares por falta de medios adecuados. A situación en países ricos é, obviamente distinta á que sofren en amplas zonas de África, xa que, en primeiro lugar, a taxa de incidencia da enfermidade é relativamente baixa e, ademais, os hospitais contan co material adecuado. Aínda así, son miles os nenos (calquera que teña un fillo sabe o que é pasar horas no hospital por un cadro de febres altas) que ven sometidos a unha punción lumbar sen necesidade de facerlles pasar por ese grolo: na Unión Europea, por exemplo, realízase esta intervención diariamente sen necesidade a 271 nenos.

Todas estas puncións innecesarias poden pasar á historia grazas á idea dun enxeñeiro español, Javier Jiménez. O seu invento, que desenvolveu a través dunha empresa fundada por el mesmo (Newborn Solutions) é un dispositivo con forma de bolígrafo, que mide a través de ultrasonidos os glóbulos brancos que se atopan no fluído cerebroespinal situado debaixo da fontanela do bebé (a zona onde se unen os ósos do cranio e que ata os 18 meses de idade non se pecha por completo). Pero máis importante, o que permite Neosonics é detectar a presenza anormal destas células nas meninges dunha forma rápida, económica e non invasiva. Así se pode iniciar a tempo un tratamento con antibióticos ata que se realicen as probas definitivas.

Jiménez sabe que a súa idea pode ser crucial para salvar miles de vidas nos próximos anos. De momento está a ser probado con éxito e a idea de Newborn é lanzalo ao mercado nun ano aproximadamente. Jiménez, que foi recoñecido como o mellor innovador menor de 35 pola edición española do MIT Technology Review, cre que esta técnica pode servir, ademais, para diagnosticar outras infeccións. E tamén que o prezo dos dispositivos debe ser o suficientemente económico como para ter impacto nos países onde máis se necesita. Porque, como asegurou ao recoller o seu premio do MIT, "a innovación non vai sobre tecnoloxía, vai sobre persoas".
 
FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País

VOLTA ÁS CLASES

VOLTA ÁS CLASES

 

Estamos de volta no IES. Comezamos a 2ª avaliación que nos levará ata o día 7 de abril, venres, cando, despois de recoller as cualificacións, comezaremos as vacacións de Semana Santa.

Longa avaliación cun pequeno descanso, o Entroido, que será o 27 e  28 de febreiro e 1 de marzo (luns, martes e mércores, respectivamente).

É o que toca, polo tanto: Ánimo!