Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

DE MAIOR QUERO SER... X

 

O curto de hoxe é... ENXEÑEIRA TÉXTIL.

 De maior quero ser científica é unha serie de dez curtos audiovisuais nos que unha moza científica e a súa filla conversan, dando a coñecer a través de situacións cotiás o perfil de diferentes profesionais da biomedicina.

Aquí remato esta serie. Espero que fose do voso interese!

FONTE: mujeresconciencia.com

REMATA UN ANO E COMEZA OUTRO

REMATA UN ANO E COMEZA OUTRO

 

Só, os meus mellores desexos para un feliz 2017 cheo de moitas satisfaccións e emocións… Todo o demais podedes agregalo ao voso gusto.

VÍCTOR.

ESTA NOITE TERÁ UN SEGUNDO MÁIS

ESTA NOITE TERÁ UN SEGUNDO MÁIS

Reloxo da Porta do Sol /Imaxe: Libertad Digital

Esta noite, Noitevella, será un pouco máis longa este ano. Os reloxos de todo o mundo sumarán un segundo extra ás 23 horas, 59 minutos e 59 segundos do Tempo Universal Coordinado (UTC), o que significa que na España peninsular ese tempo de agasallo chegará unha hora despois, xa no recentemente estreado 2017.

Historicamente, o tempo baséase na rotación media da Terra con respecto aos corpos celestes, e o segundo definiuse neste marco de referencia. Con todo, a invención dos reloxos atómicos define unha escala de tempo «atómica» moito máis precisa e un segundo que é independente da rotación da Terra. En 1970 os acordos internacionais estableceron un procedemento para manter unha relación entre o Tempo Universal Coordinado (UTC) e UT1, unha medida do ángulo de rotación da Terra no espazo.

O International Earth Rotation and Reference Systems Service (IERS) é a organización que supervisa a diferenza entre as dúas escalas de tempo, e establece segundos intercalares para ser inseridos ou retirados da UTC, cando sexa necesario. Para determinar a UTC, xérase primeiro unha escala de tempo secundaria, o Tempo Atómico Internacional (TAI); consistente na UTC sen segundos intercalares.

Cando o sistema se instituíu en 1972, a diferenza entre a TAI e a UTC era de 10 segundos. Desde 1972, 26 segundos bisiestos adicionais engadíronse a intervalos variables de seis meses a sete anos, co máis recente inserido o 30 de xuño de 2015. Despois da inserción do próximo segundo intercalar, a diferenza acumulada entre a UTC e a TAI será de 37 segundos, informa o US Naval Observatory.

Ás veces xorde confusión sobre a idea errónea de que a inserción ocasional de segundos bisiestos cada poucos anos indica que a Terra debería deixar de rotar dentro duns poucos miles de anos. Isto é debido a que algúns segundos adicionais erróneos son medidos polo índice ao que a Terra se está retardando. Os incrementos de segundos, con todo, indican a diferenza acumulada no tempo entre os dous sistemas.

A decisión en canto a cando engadir un segundo determínaa polo IERS. As medicións mostran que a Terra, en media, corre lenta en comparación co tempo atómico, ao redor de 1,5 a 2 milisegundos por día. Estes datos son xerados utilizando a tecnoloxía de interferometría de base moi longa (VLBI). VLBI mide a rotación da Terra mediante a observación das posicións aparentes dos obxectos distantes preto do bordo do universo observable. Estas observacións mostran que despois de ao redor de 500 a 750 días a diferenza entre o tempo de rotación da Terra e o tempo atómico sería aproximadamente un segundo.

En lugar de permitir que isto suceda, un segundo insérese para achegar as dúas escalas de tempo. Facilmente podemos cambiar a hora dun reloxo atómico, pero non é posible alterar a velocidade de rotación da Terra para que coincida cos reloxos atómicos.

FONTE: Xornal abc/ciencia

DE MAIOR QUERO SER... IX

 

O curto de hoxe é... ENXEÑEIRA INFORMÁTICA.

 De maior quero ser científica é unha serie de dez curtos audiovisuais nos que unha moza científica e a súa filla conversan, dando a coñecer a través de situacións cotiás o perfil de diferentes profesionais da biomedicina.

En próximos días máis!

FONTE: mujeresconciencia.com

FELIZ NAVIDAD!

FELIZ NAVIDAD!

 

Nesta noite tan especial, desexovos todo o mellor para cada un de vós e as vosas familias.

Feliz Navidad!

VICTOR

CHAGARON AS VACACIÓNS

CHAGARON AS VACACIÓNS

Dedicatoria / Imaxe:ondas mariñas

Remataron as clases!

Por fin, vacaciooooooooóns!

Vémonos o 9 de xaneiro de 2017, luns.

Que o pasedes ben!

OS FILLOS DO ENTENDEMENTO

 

Poden convivir un independentista catalán e un español? E un bético cunha sevillista? En aparencia odiaríanse, pero son parellas e teñen fillos. Son "os fillos do entendemento", é o lema da campaña do Nadal de Campofrío que se estrea hoxe e mostra casos reais.

Detrás dos dous minutos que dura o anuncio pódese ver a parellas moi diferentes: militante do PP e de Podemos; taurina e antitaurino; independentista catalán e español; bético e sevillista; carnívoro e vegetariana; crente e ateo; e un policía antidisturbios e unha activa manifestante.

No fondo trátase de facer que "miremos máis o que nos une para superar barreiras, e animar ao diálogo, que non haxa medo a debater. Debemos ser capaces de superar e aprender a convivir con todas as nosas diferenzas".

Boas intencións!

DE MAIOR QUERO SER... VIII

 

O curto de hoxe é... ENXEÑEIRA DE TECIDOS.

 De maior quero ser científica é unha serie de dez curtos audiovisuais nos que unha moza científica e a súa filla conversan, dando a coñecer a través de situacións cotiás o perfil de diferentes profesionais da biomedicina.

En próximos días máis!

FONTE: mujeresconcienci