Blogia
vgomez

UN CONTINENTE CHAMADO EUROPA

OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA X (FIN)

Remato hoxe coa aventura dende a casa, que consistiu nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ. Quedan moitos outros lugares, pero esperemos que, desa vez, si podamos vistalos persoalmente.

E para finalizar, hoxe imos a...

10. Biarritz (Francia)

Biarritz é unha cidade e comuna francesa do suroeste, situada no departamento dos Pireneos Atlánticos, na rexión de Aquitania. É unha das principais localidades do territorio vascofrancés de Labort, formando xunto con Baiona o Anglet a Comunidade de aglomeración do País Vasco, a área urbana máis importante da rexión.

Bañada polo mar Cantábrico (golfo de Biscaia), atópase moi preto de Baiona e de Anglet e a 20 quilómetros da fronteira con España.

Biarritz, unha cidade turística cuxas praias salvaxes son moi populares entre os surfeiros, membros da realeza e personaxes famosos como Ernest Hemingway.

A encarnación do glamour!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e gal.wikipedia.org   Imaxe: muyinteresante.es

OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA IX

Continúo coa aventura dende a casa, consistente nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ.

Hoxe imos a...

9. Cantís de Moher (Irlanda)

Os cantís de Moher atópamse no límite suroccidental da rexión do An Bhoireann, cerca de Doolin, no condado de Clare da República de Irlanda.

Os cantís elévanse 120 m sobre o océano Atlántico no punto chamado Hag’s Head e esténdense ao longo de 8 quilómetros até alcanzar unha altura de 214 m.

O torre de O’Brien é unha torre circular de pedra que se atopa aproximadamente na metade dos cantís. Foi construída por Sir Cornellius O’Brien en 1835 como miradoiro para os centos de turistas que acudían ao lugar.

A rexión, tamén é famosa polos seus castelos, as súas covas e a súa historia celta.

Como curiosidade, estes cantís aparecen na película Harry Potter e o misterio do príncipe (2009).

Parece unha paisaxe de ficción, pero non o é!

Mañá outro lugar marabilloso do noso continente!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e gal.wikipedia.org   Imaxe: muyinteresante.es

OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA VIII

Continúo coa aventura dende a casa, consistente nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ.

Hoxe imos a...

8.   Bruxas (Bélxica)

Bruxas é unha cidade do noroeste de Bélxica, capital da rexión de Flandres Occidental, atopándose a 90 quilómetros da capital Bruxelas.

O maior atractivo da cidade e o seu centro histórico, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000. Aínda que parte está reconstruído, o dito centro urbano é un dos máis grandes atractivos turísticos centroeuropeos, xa que mantén intactas as estruturas arquitectónicas medievais. É coñecida como a Venecia do norte debido á grande cantidade de canles que atravesan a cidade, e á beleza dos mesmos. Todo o centro histórico é peonil, polo que é un pracer percorrer as súas rúas, gozando das vistas aos seus impoñentes monumentos góticos.

Bruxas foi Capital europea da cultura no 2002, xunto á cidade española de Salamanca.

Parece quitada dun conto de fadas!

Mañá outro lugar marabilloso do noso continente!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org   Imaxe: muyinteresante.es

OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA VII

Continúo coa aventura dende a casa, consistente nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ.

Hoxe imos a...

7.   Dolomitas (Italia)

Os Dolomitas é unha cadea montañosa de Italia. O nome provén de Déodat de Dolomieu, xeólogo francés que descubriu a composición da rocha en 1791. Anteriormente coñecíaselles por "Monti Pallidi".

A rexión dos Dolomitas, que forma parte dos Alpes orientais, esténdese sobre unha vasta zona que vai desde o Val Sugana ata Val Pusteria e do val do Adige ao Val do  Piave. Ocupa o territorio de cinco provincias (Trento, Bolzano, Belluno, Udine e Pordenone) repartidas en tres rexións: o Trentino-Alto Adigio, o Véneto e o Friuli-Venecia Julia.

Os Dolomitas son moi diferentes do resto dos Alpes; o seu aspecto está caracterizado por amplísimos vales cubertos de bosques e prados desde os que se alzan, recortándose verticalmente por centenares de metros, os numerosos e illados macizos montañosos. Estes últimos están formados no seu maior parte por unha rocha calcaria de orixe mariña chamada dolomía (denominada así porque a estudou no século XVIII o xeólogo francés Déodat de Dolomieu).

A forma  recortadísima e variada dos relevos débese á acción erosiva dos axentes atmosféricos que, ao longo de milleiros de anos, foron corroendo os estratos superficiais máis brandos, formando torres, gretas, agullas, angostas sendas na rocha, etc. Os residuos desta lenta corrosión, acumulados aos pés das paredes, forman os característicos ghiaioni.

Os Dolomitas foron declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2009.

Unha das paisaxes máis fermosas de Europa!

Mañá outro lugar marabilloso do noso continente!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org   Imaxe: muyinteresante.es

 

OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA VI

Continúo coa aventura dende a casa, consistente nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ.

Hoxe imos ao país veciño, a...

6.   Praia Dona Ana, Lagos (Portugal)


Praia de Dona Ana é unha das praias máis pintorescas do Algarve occidental portugués.  Está situada ao sur de Lagos, entre os cantís de calcaria do cabo de Ponta da Piedade.
É difícil crer que un tramo de costa tan impresionante poida estar tan preto da urbe. O que o fai aínda máis impresionante son os escarpados cantís que apoian a praia. Foron erosionados pola acción do mar e o vento, dando como resultado formacións inusuais que expoñen os estratos multicolores da rocha.

Preciosa!

Mañá outro lugar marabilloso do noso continente!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org   Imaxe: ilo.m.wikipedia.or


OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA V

Continúo coa aventura dende a casa, consistente nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ.

Hoxe imos ao noso país, a...

5. Barranco das Vacas, Gran Canaria (España)

Hai moitos deles nas Illas Canarias. Iste, con todo, é único. O Barranco das Vacas atópase no concello de Agüimes ao suroeste da illa de Gran Canaria. É o que se coñece como un canón de ranura, e formouse por cinzas volcánicas e auga, o que lle outorgou bordos suaves e patróns fascinantes á rocha. E non perdas isto: A medida que cambia a posición do sol, tamén cambian as cores (o máis prominente sempre está a cambiar). Se decides camiñar polo barranco, atoparás un fermoso pobo ao final, Temisas.

Lembra, a outra escala moi distinta, a estampas tan icónicas como as do Canón do Colorado, en EE  UU.

Sobrecolledor!

Mañá outro lugar marabilloso do noso continente!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org   Imaxe: laprovincia.es

OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA IV

Continúo coa aventura dende a casa, consistente nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ.

Hoxe imos a...

4. Cinque Terre (Italia)

Denomínase Cinque Terre a unha porción de costa formada por cinco pobos (Monterosso, Vernazza, Corniglia, Manarola e Riomaggiore) na provincia italiana da Spezia, bañada polo mar de Liguria en Liguria.

Esta rexión, grazas ás súas características xeográficas, constitúe un dos principais atractivos da riviera lígure. A súa orixe é un contexto orográfico moi particular, que dá orixe a unha paisaxe montañosa constituída por distintos estratos ou "socalcos" que descenden cara ao mar cunha forte pendente. A man do home, ao longo dos séculos, modelou o terreo sen alterar o delicado equilibrio ecolóxico, utilizando ises socalcos en declive para desenvolver unha particular técnica agrícola destinada a aproveitar todo o posible a disposición do terreo.

En 1997, a pedimento da Provincia da Spezia, as Cinque Terre, xunto con Portovenere e as illas de Manifesta, Tino e Tinetto, foron declaradas Patrimonio da Humanidade da Unesco. En 1999 creouse tamén o Parco Nazionale delle Cinque Terre.

Se o que buscas é un lugar con explosión de cores, tes que visitalas estas cidades italianas, xa que son unha mestura absolutamente fabulosa de casas coloridas, ás veces empolicadas no alto dun cantil, outras veces na costa, pero sempre albergando unhas impresionantes vistas do mar de Liguria, entre outras cousas.

Impresionante!

Mañá outro lugar marabilloso do noso continente!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e es.wikipedia.org   Imaxe: lovelystreets.com

OS RECUNCHOS MÁIS FERMOSOS DE EUROPA III

Continúo coa aventura dende a casa, consistente nun paseo polos lugares máis insólitos e marabillosos de Europa, xa que pola pandemia vémonos limitados e non podemos viaxar para velos in situ.

Hoxe imos a...

3. Cova Melissani (Grecia)

Atópase na parte central da isla de Cefalonia, a uns 5 kilómetros ao noroeste está a localidade de Sami, a beira do mar Xónico. Rodeando a gruta hai bosques e está situada ao leste das montañas Evmorfia e Dynati Agia. Coas súas dúas cámaras, unha escura e cuberta de estalagmitas, a outra iluminada polo sol a través dunha gran abertura á superficie, a Cova de Melissani representa unha vista inesquecible.

Aínda que as covas e o lago subterráneo de Melissani foron descubertos hai varios centos de anos, foi redescuberta por Giannis Petrochelios despois do devastador terremoto que sacudiu a illa no 1953, deixando ao descuberto o lago subterráneo, cunha profundidade próxima aos 30 metros, e que fixo que o teito da cova colapsase. Con todo, a historia de Melissani remóntase á Mitoloxía grega, na que serviu de culto ás ninfas, de aí que é coñecida tamén como Cova das Ninfas. Non se abriu ao público ata principios da década de 1960, e desde entón moitos viaxeiros remaron polas impresionantes augas de cor azul.

Como dato curioso, é necesario saber que o lago mestura a auga doce dos mananciais que brotan por baixo súa coa auga de mar que se atopa a menos de 1 quilómetro de distancia. Desta forma, por un extremo da cova entra a auga salgada e busca a saída pola outra punta.

Impresionante!

Mañá outro lugar marabilloso do noso continente!

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es e ecured.cu   Imaxe: culturizando.com