Blogia
vgomez

XOGOS OLÍMPICOS 2020

REMATE DOS XOGOS PARALÍMPICOS TOKYO 2020

Algúns medallistas de España / Imaxe: paralimpicos.es

Rematados os Xogos Paralímpicos Tokyo 2020, estes son os resultados xerais:

    País                  Total Medallas    Ouro    Prata    Bronce

1. China                            207                 96          60          51  

2. Reino Unido                   124                 41          38          45

3. Estados unidos               104                 37          36          31

15. España                         36                   9           15          12

Parabéns a tod@s e vémonos en París 2024!

XOGOS PARALÍMPICOS TOKYO 20020

Rematados os Xogos Olímpicos, tocalle o turno aos Palalímpicos, que comezarán en Tokyo, mañá, 24 de agosto, ata o 5 de setembro, estando previsto reunir a 4.400 deportistas con discapacidade física, intelectual, visual ou parálise cerebral, chegados polo menos de 160 países.

Durante 12 días de competición, disputaranse 539 eventos con medalla (272 masculinos, 227 femininos e 40 mixtos) dos 22 deportes que forman parte do programa de competición: atletismo, baloncesto en cadeira de rodas, boccia, ciclismo, esgrima en cadeira de rodas, fútbol-5, goalball, judo, halterofilia, hípica, natación, piragüismo, remo, rugby en cadeira de rodas, tenis de mesa, tenis en cadeira de rodas, tiro con arco, tiro olímpico, tríatlon e voleibol sentado, máis a estrea en Xogos do bádminton e o taekwondo.

España contará cun total de 135 deportistas, unha cifra que supera aos 127 deportistas españois que acudiron aos últimos Xogos Paralímpicos de Río 2016. Desta maneira, a delegación española  paralímpica estará formada por 221 integrantes, dos cales 135 son deportistas (122 con discapacidade máis 13 deportistas de apoio). Ademais, viaxarán ata Tokio 86 membros que conforman a delegación española entre adestradores, médicos, fisioterapeutas, mecánicos e persoal de organización e oficina. España non contará con representación nestas sete modalidades paralímpicas: bádminton, boccia, esgrima en cadeira de rodas, goalball, hípica, rugby en cadeira de rodas e voleibol sentado.

Boa sorte a tod@s!

REMATAN OS XOGOS OLÍMPICOS TOKYO 2020

Imaxe do estado olímpico de Tokyo durante a cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos EFE/EPA/YONHAP

O Xogos Olímpicos Tokyo 2020 chegaron ao seu fin.

RESULTADOS:

POSTO

PAÍS

OURO

PRATA

BROCE

TOTAL

1

EE. UU.

39

41

33

113

2

R. P. CHINA

38

32

18

88

3

COR

20

28

23

71

22

ESPAÑA

3

8

6

17

España obtivo o mesmo número de medallas que en Río de Xaneiro 2016, 17 medallas e 42 diplomas. Daquela 7 foran de ouro, 4 de prat e 6 de bronce.

Curiosidade: Penso que o gañador destas olimpiadas foi San Marino, un estado do tamaño, aproximadamente de Salvaterra de Miño (Pontevedta), que conseguíu 3 medallas (0 ouro, 1 prata e 2 bronce) e con so 5 paticipantes!

Parabéns a tod@s!

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? XI

Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1992. Os Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, oficialmente coñecidos como os Xogos da XXV Olimpíada, foron un evento multideportivo internacional celebrado nesta cidade entre o 25 de xullo e o 9 de agosto de 1992. Nesta edición participaron 9.356 atletas (6.652 homes e 2.704 mulleres) de 169 comités nacionais.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Onde se celebraron os últimos Xogos Olímpicos de verán?

- Atenas

- Londres

- Río de Xaneiro

Mañá a solución e última pregunta da serie!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org      Imaxe: es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? X

Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1900. Niste ano a participación feminina limitouse única e exclusivamente ao golf e ao tenis en Paris. Estes xogos tiveron o mérito de agrupar a un número impresionante de deportistas, entre eles podiamos atopar a seis mulleres. Foi Ámsterdam, no ano 1928, onde finalmente tiveron lugar os verdadeiros comezos olímpicos das mulleres con preto de 300 deportistas, case o 10% do total, e sobre todo puideron participar no deporte rei: o atletismo.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. En que ano se celebraron os Xogos Olímpicos en España?

- 1992

- 1996

- 2000

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org      Imaxe: elpais.com

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? IX

Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é As dúas anteriores respostas son verdadeiras. Sir Ludwig Guttmann promoveu a rehabilitación dos soldados tras a Segunda Guerra Mundial e organizou un evento deportivo entre varios hospitais, coincidindo cos Xogos Olímpicos de Londres 1948. Durante os seguintes doce anos, Guttmann e outros continuaron os seus esforzos por utilizar o deporte como unha vía para a curación.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. A partir de que ano empezaron a participar as mulleres nos Xogos Olímpicos?

- A partir de 1896

- A partir de 1900

- A partir de 1920

- As mulleres sempre puideron participar nos Xogos Olímpicos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org      Imaxe: mujereseneldeporte.blogspot.com

SABÍAS QUE... EQUIPO OLÍMPICO DE REFUXIADOS

Sabías que... nos Xogos Olimpicos de Tokyo 2020 participarán 29 deportistas de 11 países diferentes baixo o nome de Equipo Olímpico de Refuxiados e poderán cumprir o soño de competir contra os mellores deportistas do mundo.

Os 29 refuxiados foron elixidos polo Comité Executivo do COI dun grupo inicial de 55 que recibiron a Bolsa para Atletas Refuxiados do COI.

Durante a cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Tokyo que se celebrará hoxe, 23 de xullo, o equipo entrará no novo Estadio Nacional de Xapón coa bandeira olímpica inmediatamente despois de que Grecia abra o pano a todos os participantes desta edición. Ademais, para todas as representacións oficiais do equipo, izarase a bandeira olímpica e escoitarase o himno olímpico, incluíndo as posibles cerimonias de medalla.

Será a segunda vez que un Equipo de Atletas Refuxiados participa nos Xogos Olímpicos, tras os disputados en Río de Xaneiro en 2016.

Son un grupo excepcional de persoas que inspiran ao mundo. Sobrevivir á guerra, á persecución e á angustia do exilio xa os converte en persoas extraordinarias, pero o feito de que agora tamén destaquen como atletas na escena deportiva mundial éncheme de inmenso orgullo”, sinalaba o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, Filippo  Grandi, tamén vicepresidente da Fundación Olímpica para os Refuxiados.

O equipo hospedarase na Vila Olímpica xunto aos outros 206 Comités Olímpicos Nacionais e recibirán as axudas pertinentes por parte do COI ao longo dos xogos.

FONTE: rtve.es/deportes       Imaxe: elespanol.com

CANTO SABES SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS? VIII

Continúo coa Canto sabes sobre os Xogos Olímpicos, no que se pon a proba os teus coñecementos sobre os mesmos.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1924. Aínda que con anterioridade a patinaxe artística e o hóckey sobre xeo formaran parte dos xogos de verán, desde ise ano, os xogos celebráronse cunha periodicidade de catro anos ata que os de 1940 e 1944 non puideron celebrarse por mor da Segunda Guerra Mundial. Os xogos olímpicos de inverno restauráronse en Sankt Moritz en 1948. Os xogos continuáronse celebrando cada catro anos e coincidindo cos xogos de verán ata a edición de Albertville en 1992 cando o COI decidiu que os xogos de verán e inverno celebraríanse en anos diferentes. Desde a edición de Lillehammer en 1994 os xogos de verán e de inverno celébranse con dous anos de diferenza, tal como dixemos na pregunta 4.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. En 1948, sir Ludwig Guttmann organizou un evento deportivo coincidindo cos Xogos Olímpicos de Londres 1948. O evento de Guttmann foi coñecido como os Xogos de Stoke Mandeville, os cales se converteron nun festival deportivo anual. Para os Xogos Olímpicos de Roma 1960,  Guttmann reuniu 400 atletas para competir na "Olimpíada paralela", converténdose nos primeiros Xogos Paralímpicos. Cal foi o motivo inicial de sir Ludwig Guttmann?

- Promover a rehabilitación dos soldados tras a Segunda Guerra Mundial

- Utilizar o deporte como una vía para a curación.

- As dúas anteriores respostas son verdadeiras.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal propia a partir de información de wikipedia.org      Imaxe: marca.com