Blogia
vgomez

ZONA VERDE

REVISTA esPosible

REVISTA esPosible

Revista esPosible / Imaxe: vimeo.com

Hoxe quérovos presentar una revista interesante. Trátase de esPosible, que naceu en xaneiro de 2010, con periodicidade mensual, con recursos para móbil e só en formato electrónico.

Este é o seu ideario: esPosible facer algo polo planeta, esPosible cambiar o mundo, esPosible crer que podemos facelo, esPosible actuar para demostralo. Cada número desta revista demóstrao, para iso naceu e por iso funciona: para animar a todas as persoas e entidades a que actúen por un espazo máis xusto e máis favorable ao planeta.

Se che interesan estes temas e queres coñecela, só tes que premer  AQUÍ.

Por certo, podedes subscribirvos gratuatimante!

A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (II)

A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (II)

Pegada hídrica / Imaxe: acuerdos.cl 

Imos coa segunda das seis peculiaridades do consumo de auga en España, que debemos coñecer para facer un uso máis racional e sostible deste ben tan escaso.

España é un dos países con maior pegada hídrica do mundo (adiantado só por Níxer, Bolivia, Estados Unidos e Portugal): 2.461 m3 de auga ao ano por persoa, segundo un estudo publicado en 2012 na revista científica Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS)      e citado no blog Ecolab. Ideado en 2002 por Arjen Hoekstra, experto do Instituto UNESCO-IHE, e Pham Q. Hung Pham Q. Hung, físico da Universidade de Virxinia, o concepto de PEGADA HÍDRICA, de auga, ou pegada hidrolóxica, é similar ao máis coñecido da pegada ecolóxica, só que mide o volume de auga utilizada directa e indirectamente para a elaboración de produtos e servizos consumidos polos habitantes dun país ou territorio.

Non obstante, o consumo de auga doméstica por habitante en España descendeu nos últimos anos. Segundo os datos do estudo AEAS-AGA, mentres en 2002 o consumo de auga por persoa e día en España era de 150 litros, en 2012 era de 122 litros. A maior concienciación e a eficiencia na prestación dos servizos encóntranse entre as principais explicacións, segundo os responsables do estudo.

FONTE: Revista Consumer

2013: O SÉTIMO ANO MÁIS CÁLIDO DENDE QUE HAI REXISTROS

 

Os datos climáticos de 2013 en todo o planeta, o sétimo ano máis cálido dende que se teñen rexistros, confirman a tendencia de quentamento global a longo prazo, segundo un estudo da Axencia Espacial estadounidense (NASA).

O traballo realizado no Instituto Goddard de Estudios Espaciales da NASA mostra que a temperatura media global do ano pasado foi de 14,6 graos celsius, 0,6 graos por enriba da media do século XX.

Ademais, dende hai 38 anos, en ningún a temperatura media se situou por debaixo desa media de 14,6 graos.

Agás 1998, os dez anos máis cálidos dos 134 en que se dispón de rexistros de todo o planeta (que empezaron a realizarse en 1880) corresponden ao século XXI, con 2010 e 2005 como os que tiveron unha temperatura media máis elevada.

Os científicos, non obstante, destacan que os patróns meteorolóxicos poden causar flutuacións na temperatura de ano en ano, pero que o incremento continuo de gases de efecto invernadoiro na atmosfera terrestre están provocando un aumento global das temperaturas a longo prazo.

Cada ano non ten que ser necesariamente máis cálido que o anterior, aseguran os investigadores da NASA, pero dados os niveis actuais de gases de efecto invernadoiro, si esperan que cada década supere a temperatura media da precedente.

Os gases de efecto invernadoiro, principalmente o dióxido de carbono, atrapan a calor na atmosfera e regulan os cambios no clima terrestre.

Debido á acción humana, a concentración destes gases (que se xera de forma natural, pero tamén ao queimar combustibles fósiles), aumentou nas últimas décadas e encóntrase no nivel máis alto dos últimos 800.000 anos, segundo a NASA.

A concentración de dióxido de carbono na atmosfera era de 285 partes por millón en 1880, cando empezaron os rexistros do Instituto Goddard, e o ano pasado superaron as 400 partes por millón
.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (I)

A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (I)

Uso racional e sostible da auga / Imaxe:librepenicmoncjose.blogspot.com

O consumo de auga en España ten unhas peculiaridades que deberían coñecerse, para facer deste ben escaso un uso máis racional e sostible.

Imos tratar de explicar 6 desas peculiaridades, que ao coñecelas, poden axudar nesa fin.

     1. A TARIFA DA AUGA NON COBRE OS CUSTES

Por pouco máis dun euro e medio, un consumidor en España ten na súa casa mil litros de auga potable. Polo prezo dun refresco de lata nunha cafetería pode un ducharse a diario durante tres semanas, ou darse sete baños, ou poñer 50 veces a lavalouza, ou 20 veces a lavadora ou lavar o coche ata 10 veces. Así sinálao un recente estudo da Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamento (AEAS) e a Asociación Española de Empresas Xestoras dos Servizos de Auga a Poboacións (AGA), con datos de 2012.

En valores absolutos, cada fogar desembolsa ao ano apenas 220 euros polos servizos de auga, fronte aos, por exemplo, 840 euros de teléfono. Segundo os responsables do estudo, as tarifas que pagan os usuarios en España "non" cobren os custos dos servizos de auga, o que impide os necesarios investimentos no patrimonio hídrico e de servizos hidráulicos e acuáticos.

FONTE: Revista Consumer 

PARABÉNS, DE NOVO, PARA NOÉ FERREIRA

PARABÉNS, DE NOVO, PARA NOÉ FERREIRA

Noé na entrega do premio / Imaxe: Agustín Ferreira Lorenzo / Anabam

Noé Ferreira Rodríguez, antigo alumno do noso IES e membro de ANABAM, conseguíu o 3º premio de relatos na edición 2013 de Efervescencia "A Ciencia que Conta".

O relato, que le va por título "A viaxe de Wong a través do mundo", trata sobre a imaxinaria viaxe da ameixa asiática, esa que dende os anos oitenta está no río Miño.

Ae queres ler o relato premiado ssó tes que premer AQUÍ .

Parabéns Noé!

FONTE: galiciasuroeste.info

 

A CONTAMINACIÓN MATA SILENCIOSAMENTE

A CONTAMINACIÓN MATA SILENCIOSAMENTE

Barcelona reactivou o protocolo por contaminación / Imaxe:Carles Ribas

Os científicos téñeno cada vez máis claro: non hai umbrais seguros cando se fala de contaminación. É dicir, por baixa que sexa a concentración dun contaminante, sempre hai risco para a saúde. Un estudo publicado recentemente en The Lancet: por cada incremento de cinco microgramos por metro cúbico na exposición anual ás chamadas partículas finas (PM 2,5), o risco de morrer por causas naturais aumenta un 7%. E sucede así mesmo cando os niveis están por debaixo dos límites legais que marca a Unión Europea, destacan os autores do traballo.

As partículas finas son o contaminante que máis preocupa actualmente aos expertos. Son perigosas porque, debido ao seu pequeno tamaño, penetran doadamente nas vías respiratorias e provocan a inflamación dos tecidos. Proceden en boa medida dos vehículos con motores diesel. A lexislación europea fixou un límite máximo de concentración de PM2,5: 25 microgramos por metro cúbico de media anual. Non obstante, cada vez máis expertos en saúde e calidade do aire cuestiónano por ser excesivamente permisivo. De feito, a Organización Mundial da Saúde (OMS) considera que hai afectación para a saúde a partir de 10 microgramos por metro cúbico de media anual.

O estudo de The Lancet recompilou datos de 22 grupos de estudo de 13 países europeos. En total, 367.251 persoas ás que se fixo seguimento durante unha media de 13,9 anos. Deles, 29.076 morreron durante ese tempo por causas naturais. Os investigadores , localizaron os seus lugares de residencia e recompilaron datos de concentración de contaminantes como as PM2,5 e o dióxido de nitróxeno. Ademais, estudaron a intensidade do tráfico nesas zonas (vehículos por día na estrada máis próxima e tráfico total en 100 metros á redonda) e axustaron outros factores de risco como a alimentación, o sedentarismo ou a hipertensión dos participantes.

Precisamente a Unión Europea declarou 2013 Ano do aire e está en plena discusión sobre se debe aumentar a esixencia aos Estados membros en materia de contaminación atmosférica. Non deixan de aparecer estudos que relacionan, sen sombra de dúbida, a polución con distintas afeccións. A OMS clasificou oficialmente a contaminación como carcinóxeno (que causa cancro) en outubro pasado: atribúelle 223.000 tumores de pulmón mortais en 2010.

Un grupo español do Instituto de Saúde Carlos III tamén estudou o efecto das partículas 2,5 na saúde, pero a curto prazo, en concreto, nas hospitalizacións. Segundo os seus traballos, as PM2,5 resultaron ser o único contaminante primario "estatisticamente significativo en todos os modelos", é dicir, o que sempre se asociaba a problemas de saúde. O estudo comprobou que cada incremento de 10 microgramos por metro cúbico de contaminación supoñía un 3,8% máis de ingresos hospitalarios.

FONTE: Xornal El País/Medio Ambiente

NOE FERREIRA GAÑA O X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BIOLÓXICA

NOE FERREIRA GAÑA O X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BIOLÓXICA

Fotografía gañadora do primeiro premio no X Concurso de Fotografía Biolóxica

Noé Ferreira Rodríguez, socio de ANABAM e membro da súa xunta directiva obtivo o primeiro premio no X Concurso de Fotografía Biolóxica, convocado pola da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo.

A obra premiada, retrata un lagarto arnal (Timon lepidus) na praia da Arda (Afife) durante o desenvolvemento do “Projecto Borrelho 2013”, proxecto encamiñado a protexer os niños de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) no norte de Portugal, cando tomaba o sol sobresaíndolle a cabeza de entre as separacións existentes entre as baldas dunha das pasarelas de protección das dunas.

No concurso presentáronse 90 obras de 35 participantes.

Parabéns Noe!

FONTE: galiciasuroeste.info

COP 19 DE VARSOVIA

COP 19 DE VARSOVIA

Cartel COP 19 / Imaxe:mercadosdemedioambiente.com

Os preto de 200 países participantes na Conferencia do Clima de Nacións Unidas en Varsovia (COP19), celebrada entre o 11 e o 22 deste mes na capital polaca, rematou cun acordo de mínimos para desbloquear as negociacións e perfilar unha folla de ruta cara ao acordo global e vinculante sobre redución de emisións en 2015.

O texto consensuado polas delegacións substitúe a palabra "compromisos" para a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro establecidos a nivel estatal polo termo máis descafeinado de "contribucións", algo que non cumpre coas expectativas iniciais da Unión Europea pero que contenta á maioría de países en vía de desenvolvemento, e especialmente, a India e China.

A comisaria europea de Acción polo Clima, recoñeceu que foi moi difícil chegar a un acordo durante o cumio de Varsovia, pero destacou a importancia de ter consensuado un calendario para que os países presenten os seus obxectivos de redución de emisións antes da COP21 de París, en 2015, e que todos os Estados contribúan a ese esforzo de diminuír emisións.

Pola súa parte, o ministro español de Agricultura e Medio, sinalou que o texto consensuado non debe ser interpretado como "unha renuncia a lograr un acordo ambicioso, senón como o resultado dun proceso de negociación complexo onde todas as partes tiveron que aceptar solucións de compromiso".

Decepción dos representantes de organizacións ambientais, que abandonaron o día 21 a Conferencia ante a falta de avances.

Os poderosos impoñen a súa lei!