Blogia
vgomez

ZONA VERDE

COIDADO AO REUTILAR AS BOTELLAS DE PLÁSTICO

COIDADO AO REUTILAR AS BOTELLAS DE PLÁSTICO

Coidado coas botellas de plástico que reutilizamos / Imaxe:vitonica.com  

Moita xente ten costume de gardar na neveira botellas de plástico das de auga mineral ou outro refresco para enchelas unha e outra vez con auga da billa ou de auga mineral que se atopa en bidóns de maior tamaño. O problema é que moitos plásticos conteñen toxinas (benceno, dioxinas, colorantes, bisfenois) que se transmiten ao líquido envasado.

É preferible usar botellas de plástico HDPE (recoñécense porque na base aparece un 2 dentro dun triángulo. Coidado pois hai moitas numeracións, que corresponden ao tipo de plástico de que esta feito), fabricadas cun material chamado poliestireno de alta densidade; en todo caso, hai que evitar que lles dea a luz e a calor e se amolezan, pois poderían liberar substancias ao líquido.

Dende logo o mellor é usar envases de vidro, que son impermeables aos aromas e á humidade.

FONTE:Revista Muy Interesante

A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (VI)

A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (VI)

Prezos da auga doméstica en españa / Imaxe:iagua.es

Imos coa última das seis peculiaridades do consumo de auga en España, que debemos coñecer para facer un uso máis racional e sostible deste ben tan escaso:

Prezo da auga doméstica, diferente entre provincias

O prezo medio en España da auga para uso doméstico é de 1,59 euros por metro cúbico (euros/m3), segundo o estudo de AEAS-AGA 2013. Non obstante, hai importantes diferenzas entre provincias, que obedecen a diversos factores de dispoñibilidade, calidade, proximidade dos recursos hídricos, procesos, técnicas e custos necesarios para a potabilización e depuración da auga, ou a incorporación dos diferentes canons autonómicos.

Murcia é a provincia co prezo da auga máis cara de España (2,31) seguida de Barcelona (2,24), Alicante (1,94) ou Ceuta (1,93). As provincias que pagan menos pola auga son Palencia (0,72), Guadalajara (0,79), Melilla (0,8) ou Ávila (0,83). En contraste, as cidades europeas pagan uns prezos "considerablemente máis altos" pola auga urbana. Así, mentres en Bilbao se paga 1,22 euros/m3, en Glasgow ascende aos 5,28 euros/m3, Na Haia a 4,69 euros/m3 ou en Berlín aos 4,63 euros/m3. 

As catro provincias galegas teñen estes prezos, todos eles por baixo da media nacional: A Coruña (1,02 euros/m3), Lugo (1,14 euros/m3), Ourense (0,91 euros/m3) e Pontevedra (1,17 euros/m3).

FONTE: Revista Consumer

COMO OS LOBOS PODEN CAMBIAR O CURSO DUN RÍO

 

Nada, absolutamente nada, é o que parece. Este video é un gran testemuño dese antigo axioma. Aquí vemos como os lobos, que foron reintroducidos ao parque nacional de Yellowstone   (despois de estar ausentes por case setenta anos), crearon o fascinante fenómeno denominado "fervenza trófica", e a partir diso cambiaron o curso dun río.

A fervenza trófica é unha serie de efectos indirectos amplificados que os animais que están no cume da cadea alimenticia exercen sobre aqueles organismos que están en niveis inferiores. Moito tempo pensouse que os grandes depredadores, debido a que son poucos, non afectan demasiado a biodiversidade que os rodea. Hoxe, non obstante, sabemos que non só producen cambios no comportamento das súas presas, senón que tamén inflúen decisivamente sobre os depredadores máis pequenos. Isto, á súa vez, aumenta o número de herbívoros e produce unha diminución de biomasa vexetal. As fervenzas tróficas, noutras palabras, regulan a densidade das súas presas e o benestar do ecosistema. Na natureza todo está intimamente relacionado e calquera animal que quite dá de regreso moito máis do que toma. Abonde ver o documento.

O máis destacable deste video é que fai dos lobos, os cervos e a fervenza trófica que os atinxe, unha narrativa marabillosa que nos mostra as entrañas do perfecto sistema alimenticio da Terra. Recórdanos de paso o desequilibrio que nós os humanos logramos impoñer no noso sistema de vida.

FONTE: ecosfera.com 

A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (V)

A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (V)

Encoro de Belesar, no río Miño, situado entre os municipios lucenses de Taboada, Chantada, Saviñao, Paradela, Páramo, Guntin e Puertomarín / Imaxe: foros.embalses.net

Imos coa quinta das seis peculiaridades do consumo de auga en España, que debemos coñecer para facer un uso máis racional e sostible deste ben tan escaso:

España, líder mundial en encoros e desalgadoras

España é o país con máis encoros do mundo por habitante, dos que Galicia aporta un bo número deles. En cifras absolutas posúe unhas 1.300 presas, só por detrás de China, EUA, Xapón e India. Así mesmo, España ten en marcha o programa de desalgación de auga mariña por osmose inversa máis importante do mundo, cun promedio de 1,5 millóns de metros cúbicos diarios. Grazas ás desalgadoras logrouse garantir o abastecemento urbano mesmo nas zonas máis expostas á seca.

FONTE: Revista Consumer

OS FENTOS ARBÓREOS DE OIA

 

ANABAM esta levando a cabo un plan de recuperación do fento arbóreo ( Dicksonia antarctica, Labill. 1807) no regato Vilar, no concello de Oia.

Esta é a entrevista no programa "Veda Abierta" de Canal+ a Noé Ferreira Rodríguez sobre os fentos arbóreos, emitida o pasadop día 20 de xaneiro.

FONTE: galiciasuroeste.info

A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (IV)

A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (IV)

Uso eficiente da auga na agricultura / Imaxe: utilidad.com

Imos coa cuarta das seis peculiaridades do consumo de auga en España, que debemos coñecer para facer un uso máis racional e sostible deste ben tan escaso:

Agricultura, a actividade que máis consume e desbalde auga

O uso eficiente da auga na agricultura é unha das grandes materias pendentes en España. "Dos chamados países do primeiro mundo, é posiblemente un dos que peor xestionou os seus recursos hídricos", sostén a organización conservacionista WWF. Segundo esta ONG, "o regadío consume o 80% da auga en España, moitas veces practicado só para cobrar máis subvencións e a custa de producir excedentes".

A Fundación Nova Cultura da Auga (FNCA) sinala que en España se regan 3,7 millóns de hectáreas, un 18% da superficie cultivada. Utilízanse "23.000 hm3/año, un 77% do total dos usos consuntivos da auga, xerando unha presión excesiva sobre os recursos hídricos, sendo responsables de que moitas masas de auga non poidan alcanzar as obrigas da Directiva Marco de Auga,". Aínda que os expertos da FNCA recoñecen que na última década se modernizaron un terzo dos regadíos para aforrar auga, destacan as dúbidas sobre a eficiencia destas políticas, posto que en moitas zonas aumentaron as superficies dedicadas ao regadío.

FONTE: Revista Consumer

2 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS

2 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS

Cartel do Día Mundial dos Humedais 2014 / Imaxe: ignuscommunity.com

Como cada ano, hoxe 2 de febreiro, conmemórase o Día Mundial dos Humedais, onde se recorda a data na que se creou a Convención Ramsar (1971), un tratado intergobernamental que serve de marco para as accións en favor da conservación e do uso racional dos humedais mediante accións locais, rexionais e nacionais, como contribución ao logro dun desenvolvemento sostible  en todo o mundo.

 

O tratado, negociado nos anos 60 por países e organizacións non gobernamentais que se preocupaban pola crecente perda e degradación dos humedais, hábitats principais das aves acuáticas migratorias, asinouse na cidade iraní de Ramsar en 1971 e entrou en vigor en 1975. Trátase do único tratado global relativo ao medio ambiente que se ocupa dun tipo de ecosistema particular.

 

Actualmente o listado Ramsar inclúe mais de 1700 humedais de todas as rexións do mundo. Trátase dunha lista de prestixio xa que integra as zonas húmidas mais importantes do mundo dende o punto de vista do seu interese ambiental e para a conservación da biodiversidade.

 

España ratificou o Convenio en 1982 incluíndo no listado dúas zonas húmidas: Doñana e as Tablas de Daimiel. Actualmente 5 dos humedais mais destacados de Galicia forman parte deste listado:

 Ría de Ortigueira e Ladrido

Complexo das praias, dunas e lagunas de Corrubedo

Lagoa e areal de Valdoviño

Complexo intermareal Umia-Grove, a Lanzada. Punta Carreirón e lagoa Bodeira

Ría do Eo

 

O 2014 é o Ano Internacional da Agricultura Familiar, polo que Ramsar elexiu os humedais e a agricultura como tema para celebrar o Día Mundial dos Humedais co lema “Humedais e Agricultura: Xuntos a prol do Crecemento”, faise fincapé na necesidade de que os sectores dos humedais e a agricultura traballen xuntos para lograr mellores resultados comúns, entendendo que éstos xogan un papel fundamental de apoio á agricultura, con prácticas agrículas exitosas que sustentan uns humedais sanos.

 

FONTE: Ceida.org

A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (III)

A AUGA EN ESPAÑA: SEIS CUESTIÓNS QUE SEGURO QUE NON SABES (III)

Auga da billa / Imaxe:heraldo.es

Imos coa terceira das seis peculiaridades do consumo de auga en España, que debemos coñecer para facer un uso máis racional e sostible deste ben tan escaso:

A auga embotellada non é mellor que a da billa! 

Polos 122 litros de auga consumidos en España por habitante e día páganse uns 20 céntimos, menos do que custa un litro de auga embotellada, cuxo impacto ambiental pódese evitar.

Segundo a AGA (Asociación Española de Empresas Xestoras dos Servicios de Auga a poboacións), "nas clasificacións europeas, os Servizos da Auga Urbanos de España están nos primeiros lugares dos ranking de calidade, prezo, regularidade na subministración, etcétera". O Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME) subliña que "España é un país no que, salvo algún caso esporádico e excepcional, non hai que temer pola calidade da auga para abastecemento urbano. Outra cousa é que a auga poida gustar máis ou menos".

FONTE: Revista Consumer