Blogia
vgomez

ZONA VERDE

OBRADOIROS DE ARQUEOLOXÍA: "A VIDA NO CASTRO"

OBRADOIROS DE ARQUEOLOXÍA: "A VIDA NO CASTRO"

 

 

O Concello da Guarda e o Padroado Monte Santa Trega, coa colaboración das comunidades de montes da Guarda e Camposancos, con motivo do centenario da sociedade pro-Monte, organizan os Obradoiros de Arqueoloxía "A vida no castro" nesta fin de semana, do 28 e 29 de xullo, en fronte á casa forestal.

O obxectivo é que os visitantes poidan coñecer, mediante a participación directa, algúns dos traballos e oficios que desenvolvían os habitantes do castro hai máis de 2000 anos.

Haberá actividades orientadas  a nenos e a maiores. Poderase traballar o barro como na prehistoria, moer cereal, tallar ferramentas de pedra, gravar petroglifos coas técnicas da Idade do Bronce e entre outras cousas participar nunha escavación arqueolóxica simulada.

Os obradoiros desenvolveranse polas mañás de 11 a 14 horas e pola tarde de 18 a 21 horas.

Anímate e participa!

GOOGLE SCIENCE FAIR 2012

 

Tres adolescentes rioxanos gañaron o concurso mundial de innovación "Google Science Fair 2012" cun proxecto para coñecer a vida microscópica en augas doces.

Eles son Iván Hervías, Marcos Ochoa e Sergio Pascual, tres estudantes logroñeses de cuarto da ESO do IES "Batalla de Clavijo" que resultaron vencedores na categoría de idade de 15 e 16 anos deste concurso de innovación para xoves organizado pola compañía tecnolóxica.

Os adolescentes crearon durante case catro anos e principalmente no seu tempo libre unha base de imaxes de miles de fotografías  e realizaron distintos experimentos para coñecer o comportamento dos microorganismos no medio acuático.

Parabéns!

ESPAZO FORTALEZA

 

No Concello de Tomiño. Existe un espazo histórico, onde se empraza a Fortaleza de San Lourenzo. Existe un espazo de transformación, que nos achega á Portugal. Existe un espazo de respecto, xunto a praia fluvial de Goián. Existe un espazo vivo, cheo de actividades. Existe un espazo de auga, á beira do río Miño. Existe un espazo único, espazo Fortaleza. Onde latexa o Miño.

Merece a pena coñecelo!

FONTE:concellotomino.com

XXI CONCURSO DE FIGURAS DE AREA

XXI CONCURSO DE FIGURAS DE AREA

 

XXI Concurso de Figuras de Area

O Concello da Guarda organiza unha nova edición do Concurso de Figuras de Area mañá, domingo 22 de xullo, na praia do Muíño, coa finalidade de que os nenos desenvolvan unha actividade lúdica ao aire libre e ao mesmo tempo que xoguen ca imaxinación.

Programa

De 11:00 - 12:00: Inscricións por categorías:

                               Categoría vermella (3-5 anos)

                               Categoría gris (6-9 anos)

                               Categoría amarela (10-12 anos)

                               Categoría azul (13-16 anos)

                               Categoría verde (por grupos de 3-16 anos. Máximo 4 participantes)

De 12:00 a 13:00: Concurso de figuras de area

Ás 13:00: Entrega de agasallos a todos os participantes

Ás 13:30: Entrega de premios ó 1º e 2º de cada categoría

Como en edicións anteriores tódolos participantes recibirán un agasallo e os gañadores das categorias recibarán un vale para canxear nas librerias da Guarda.

Nesta actividade colabora  Anabam e Erguete Baixo Miño e é patrocinada  por  Auga Sana e Frigo.

Dende aquí anímovos a participa!

FONTE:galiciasuroeste.info

 

NOVAS RESERVAS DA BIOSFERA

NOVAS RESERVAS DA BIOSFERA

A illa da Gomera no arquipiélago canario e o parque natural das Ubiñas-La Mesa, na cordilleira cantábrica, foron aceptadas pola Unesco para que formen parte da súa rede mundial de reservas da biosfera.

Na reunión do consello internacional de coordinación dese programa, deuse o visto e prace tamén á recente ampliación da reserva da biosfera de Doñana e á nova zonificación da Serra Nevada, que xa estaban nesa lista.

En total, segundo o comunicado difundido pola Unesco engadíronse 20 novos enclaves, dous deles transfronteirizos, cos que esa rede mundial de reservas conta na actualidade con 598 lugares nun total de 117 países.

Esas reservas son lugares designados polo programa sobre o home e a biosfera (MAB) da UNESCO como sitios de experimentación de diferentes métodos de xestión integrada da biodiversidade e dos recursos naturais, xa sexan terrestres, costeiros mariños ou de aga doce.

Da Gomera, o organismo destacou entre outros o Parque Nacional de Garajonay, inscrito tamén na Lista do Patrimonio Mundial e que destaca polo seu bosque húmido de loureiros e polos cultivos en terrazas, "importantes polo seu grande significado cultural".

Das Ubiñas-La Mesa, suliñouse que comprende bosques maduros que conservan o seu estado primixenio e posuír "un alto grao" de biodiversidade, no que hai tamén especies animais protexidas, como o oso pardo cantábrico, e un patrimonio cultural "de grande riqueza".

Galicia ten nesta lista de Reservas da Biosfera:

1.- As Terras do Miño da cunca do río Miño na provincia de Lugo entre as localidades de Ourol, Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo e Láncara. Recoñecida no ano 2002.

2.- A área de Allariz, reñecida no ano 2005 e que consta con outros premios e recoñecementos como o Premio Europeo de urbanismo. Comprende os municipios ourensáns de Allariz, Vilar de Santos, A Bola e Rairiz de Veiga. 

3.- Ancares de Lugo, os montes de Cervantes, Navia e Becerrea. Recoñecida no ano 2006. Cunha extensión de máis de 100.000 hectáreas limitando coa provincia de León, é o maior espazo natural da Comunidade Gallega formado por pequenos vales encaixados entre picos de máis de 2.000 metros de altitude.

4.- A ría del Eo, Oscos e Terras de Borrón, recoñecida no ano 2007. Está integrada por sete municipios da provincia de Lugo (Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Nogueira de Muñiz) e os de Castropol, Vegadeo, San Tirso de Abres, Taramundi, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos (Asturias).

5.- Reserva transfronteiriza "XURÉS-GERÊS", declarada no ano 2009. Abarca un total de dez municipios completos, seis en Galicia: Baixa Limia (Lobios, Lobeira, Entrimo, Muiños, Calvos de Randín, e Bande) e outros cinco en Portugal (Melgaço, Arcos de Valdeve, Ponte da Barca, Terra de Bouro e Montalegre).

Moito temos que conservar e coñecer!

PROXECTO "UN LITRO DE LUZ"

 

O proxecto "Un litro de luz" (isang litrong liwanag), desenvolvido por estudantes do MIT (Massachusetts Institute of Technology) que, en colaboración coa fundación filipina Myshelter Foundation, busca atrapar a potencia do Sol nunha bombilla caseira de ultrabaixo custe, para así traer a luz ás casuchas escuras e tristes que enchen os barrios menos favorecidos do mundo.

O procedemento é sinxelo: unha botella de Coca-Cola, auga e lexivia. Colocase axustada nun buraco do tellado e emite luz (de día, xa que esas casuchas non teñen fiestras) equivalente a unha bombilla de 55W. O principio científico: luz solar que choca contra o líquido xerando refracción de 360º que ilumina toda a habitación. A lexivia impide a presenza de mofos e polo tanto mantense sempre transparente.

Totalmente ecolóxica e sustentable!

DEPURADORAS VEXETAIS

DEPURADORAS VEXETAIS

No Pazo de Señoráns (Pontevedra) vese unha depuradora vexetal, en primeiro plano, ao lado dos viñedos / ABC

Nos últimos anos e debido ao fenómeno do cambio climático, estase a fomentar o aforro de enerxía e os sistemas eficientes e respectuosos co medio ambiente. Un aforro e unha eficiencia que se pode lograr tamén á hora de depurar as augus residuais.

Se ben estamos afeitos a grandes infraestructuras, plantas depuradoras que consomen grandes cantidades de enerxía para conseguir que a auga contaminada volva ao seu cauce natural sen restos perigosos, uns investigadores, dun grupo de investigación do Departamento de Química Ambiental da Universidade da Coruña, conseguiron deseñar e comercializar un sistema que perfectamente se pode destinar ás comunidades de propietarios, pequenas empresas, ou incluso fincas de particulares.

Despois de 10 anos investigando sobre os humedais e a súa aplicación na depuración de augas xurdíulles a idea dunha spin-off e comenzaron a formar parte do viveiro de empresas da Universidade. Así é como naceu Sedaqua, unha empresa adicada á planificación, asesoramento, montaxe e mantemento deste tipo de depuradoras vexetais.

A idea é utilizar a propia vexetación para depurar as augas residuais. O procedemento é construír humedais con lagoas ou canles pouco profundos (de menos de 1 metro) plantados con vexetais propios das zonas húmidas. Deste xeito, unha planta de tratamento de augas residuais convírtese nunha parcela de xunqueiras e carrizas. Pódense utilizar outro tipo de plantas, pero teñen que ser acuáticas e que resistan en terreos moi húmidos, por exemplo, lirios ou espadanas, en función do adorno que se queira poñer.

Os procesos de descontaminación teñen lugar mediante a circulación da auga e as súas interaccións co substrato sólido, os microorganismos, a vexetación e incluso a fauna.

A inversión inicial que se necesita pode chegar a ser inferior ao 50% en comparación con outros tratamentos que actualmente estanse instalando nas empresas. O mantemento é moi escaso, reducíndose a comprobacións periódicas das tubaxes e arquetas. As partes finais, con auga xa depurada, poden ter auga en superficie, para mellora paisaxística e ecolóxica. A lámina de auga está sumerxida, co que se evita a xeración de olores e a proliferación de insectos. Este nulo impacto visual pode chegar a convertir esta instalación incluso nun atractivo turístico.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

MEDIO AMBIENTE E CALIDADE DE VIDA

MEDIO AMBIENTE E CALIDADE DE VIDA

Cidades ecolóxicas / Imaxe:ecologiaverde.com

A calidade do noso medio ambiente máis próximo ten un impacto directo sobre a nosa súde e a nosa calidade de vida. Así o advierte o índice "Better Life" (Mellor Vida) da Organización para a Cooperación e o Desnevolvemento Económico (OCDE), coñecida como o "clube dos países ricos". Os seus responsables sinalan a Suecia como o país co mellor ambiente do mundo (nota 10 sobre 10), seguido de Reino Unido (9,7), Islandia (9,6), Alemaña (9,3), Noruega (9,2), Finlandia (9,2) e Luxemburgo (9,2). España sitúase no posto 28, dun total de 36 países estudados, cun 6,6 sobre 10.

O informe indica que o 13% dos españois considera que non ten acceso a espacios verdes, unha porcentaxe lixeiramente superior á media europea (12%). Os niveis de emisións de partículas contaminantes PM10 acadan os 27,6 µg/m3, un valor maior tamén que o promedio en Europa (22 µg/m3). En canto á calidade da auga, o 81% dos españois non está satisfeito con ela (por debaixo do 85% de media dos países da OCDE). O informe destaca a producción de enerxía eólica en Navarra como un exemplo a seguir de "Mellores políticas para mellores vidas".

Os países que se atopan por detrás de España nesta clasificación son, en orde decrecente, Corea, Polonia, México, Federación Rusa, Israel, Grecia, Turquía e Chile. Estes cinco últimos suspenden, ademais, ao non acadar o 5 de nota media.

FONTE: Revista Consumer