Blogia
vgomez

ZONA VERDE

LIMPEZA DE ACACIAS NO "BOSQUE DAS BOLBORETAS"

LIMPEZA DE ACACIAS NO "BOSQUE DAS BOLBORETAS"

 

Logo da primeira xornada levada a cabo polos membros de ANAMAM e algunhas colaboradoras que dedicaron parte da tarde a arrancar as acacias que invaden o Bosque da bolboreta Charaxes,  decidimos organizar unha nova xornada para o sábado 10 de novembro co fin de continuar limpando a parcela desta especie tan invasora. Será a partir das catro da tarde. Se alguén se aburre na casa ou non sabe que facer ese día, pois aquí lle damos unha actividade pola que NON COBRAMOS NADA, ou sexa, a pesar da crise, nós mantemos a GRATUIDADE.

A parcela está na subida ao Trega, a poucos metros da caseta de cobro, na zona de Chans, xusto detrás da área de lecer que hai alí. As únicas ferramentas que se necesitan son luvas, pois arrancaremos as acacias a man, como se amosa na fotografía.

Como agasallo, os participantes nesta actividade recibirán unha participación de catro euros  para o sorteo de Nadal da Lotería Nacional do 22 de decembro.

FONTE:galiciasuroeste.info

10 AVES MÁIS RARAS DESCUBERTAS EN ESPAÑA (I)

10 AVES MÁIS RARAS DESCUBERTAS EN ESPAÑA (I)

Fregetta gregaria / Imaxe: taringa.net

As aves raras ou rarezas son exemplares que chegan a un lugar de forma ocasional fóra da súa zona habitual. Segundo  SEO/BirdLife , o seu avistamento en España aumentou nos últimos anos por diversos factores. Algunhas delas atópanse en perigo e por iso observalas é un dobre luxo.

Ao longo de varios días coñeceremos as dez aves máis raras descubertas en España. Hoxe comenzaremos polo Paíño ventinegro (Fregetta gregaria).

1. PAÍÑO VENTINEGRO (Fregetta gregaria): Observouse por primeira vez en España en 2011 a unhas 40 millas náuticas ao norte de Lanzarote, no Banco da Concepción. Nativo de zonas austrais de América, África ou Oceanía, a Lista Vermella de Especies Ameazadas da UICN asegura que esta especie non se atopa en perigo, aínda que a súa poboación marca unha tendencia en descenso.

FONTE: Revista Consumer

MÁIS GAÑADORES DO VEOLIA ENVIRONNEMENT WILDLIFE

MÁIS GAÑADORES DO VEOLIA ENVIRONNEMENT WILDLIFE

“Into the mouth of the caiman” de Luciano Candisani / Imaxe: taringa.net

Se o outro día  publiquei a foto gañadora absoluta do Veolia Environnemet Wildlife 2012, esta é a gañadora do apartado de Comportamento: Animais de sangue fría.

A fotografía en cuestión, "Dentro da boca do caimán" é do brasileiro Luciano Candisani, na que se amosa un yacaré negro nas augas do Patanal de Brasil.

Se queres coñecer o resto de fotografía gañadoras, nos diferentes apartados, só tes que pinchar AQUÍ.

Son espectaculares!

FOTO GAÑADORA DO VEOLIA ENVIRONNEMET WILDLIFE 2012

FOTO GAÑADORA DO VEOLIA ENVIRONNEMET WILDLIFE 2012

“Bubble-jetting emperors” de Paul Nicklen / Imaxe: National Geographic

Esta é a fotografía do canadiense Paul Nicklen, gañadora absoluta do Veolia Environnement Wildlife deste ano 2012. Este é un concurso onde cada ano se premian as mellores fotografías de natureza do momento. Neste caso vemos os pingüíns emperador ascendendo como foguetes cara a un orificio de saída no xeo.

En seguintes días analizaremos outras fotografías gañadoras en difrentes categorías.

GEI PEORES QUE O DIÓXIDO DE CARBONO

GEI PEORES QUE O DIÓXIDO DE CARBONO

Quentamento global do efecto invernadoiro / Imaxe:doslourdes.net

A loita contra o cambio climático non remata no dióxido de carbono (CO2). Institucións como a Axencia Europea do Medio ou diversos investigadores internacionais alertaron sobre o impacto do aumento doutros gases de efecto invernadoiro (GEI) máis potentes que o CO2.

Os gases-F contribuíron en 2010 ao 2% do total de emisións de GEI en termos de CO2 equivalente dos 27 Países Membros, segundo os últimos datos da UE. A Axencia Europea do Medio (AEMA), en colaboración coa Comisión Europea, destacou nun informe o incremento "constante" destes gases dende 1990, a pesar da "F-Gas Regulation", o acordo comunitario que require as industrias europeas que reduzan o seu uso.

O Protocolo de Montreal prohibía en 1975 de forma internacional o uso de gases que reducisen a capa de ozono, como os CFC ou os HCFC. A industria buscou substitutos, como os gases-F, unha familia que comprende os hidrofluorocarbonos (HFC), os perfluorocarbonos (PFC) e o hexafluoruro de xofre (SF6). O Panel Intergobernamental sobre o Cambio Climático de Nacións Unidas (IPCC) considera o SF6, un gas inerte moi empregado como illante na industria da electrónica, o GEI máis poderoso do mundo: posúe unha capacidade de atrapar a calor 22.200 veces maior que o CO2.

A cantidade de CO2 emitido polo transporte ou a industria é tan elevada que o seu impacto final é maior que o metano (CH4), cuxo efecto invernadoiro é 20 veces superior ao do CO2. Non obstante, a preocupación dos científicos polo metano é cada vez maior. Por iso, algúns científicos considérano tanto ou máis perigoso que o CO2. Investigadores da Universidade Aberta de Reino Unido e da Universidade alemá de Colonia sinalaron que o metano foi o responsable do quentamento global de hai uns 180 millóns de anos e que rematou cun gran número de especies. Segundo estes científicos, o fenómeno produciuse a causa de alteracións periódicas na insolación da Terra debidas á forma na que rota. Deste xeito, os océanos quentáronse e desconxelaron as enormes cantidades de hidrato de metano atrapadas no leito mariño, expulsándoo á atmosfera.

Unha das formas nas que se xera o metano é mediante os procesos de dixestión animal. De aí que diversos científicos suxerisen cambiar a dieta do gando vacún, causante dunha cuarta parte das emisións de metano producidas por actividades humanas.

A lista de GEI é extensa e algúns deles son moito máis prexudiciais na súa capacidade de atrapar a calor na atmosfera que o CO2. Para comparar os distintos GEI emprégase o denominado "potencial de quentamento global" (GWP), que ten tamén en conta o número de anos. Ao tomar o CO2 como base, o seu GWP é 1. No caso do metano, o seu GWP en 20 anos é 72: a igualdade de masa na atmosfera, o metano atrapará a calor 72 veces máis que o CO2 nos próximos 20 anos, 25 nos próximos 100 anos e 7,6 nos próximos 500 anos. O GWP do SF6 é 22.800 en 100 anos, pero en 20 anos é 16.300.

En calquera caso, os científicos reclaman maior apoio para investigar os efectos reais destes gases e doutros pouco coñecidos. En 2009, un equipo da Universidade San Diego e o Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT) descubría que o fluoruro de sulfurilo (SO2F2), utilizado como fumigante contra térmites, é un GEI que permanece na atmosfera entre seis a dez veces máis do que se cría ata ese momento. O SO2F2 é capaz de atrapar a calor 4.800 veces máis que o CO2.

FONTE: Revista Consumer

VOZ DE ALARMA NO ÁRTICO

VOZ DE ALARMA NO ÁRTICO

Océano Ártico durante a temporada de verán / EM

Un dos maiores expertos mundiais na evolución das capas polares, Peter Wadhams, da universidade de Cambridge, lanza a voz de alarma: O xeo do Ártico pode desaparecer por completo no verán no 2015 ou no 2016.

Wadhams dirixiu unha mensaxe urxente ao diario "The Guardian" na que advirte da inminencia dun "desastre global" pola desaparición do xeo nas latitudes nórdicas e critica a falta de acción dos Gobernos ante as sinais cada vez máis visibles do cambio climático.

Wadhams pasou varios anos estudando o grosor das capa de xeo do Ártico a partir dos datos enviados periodicamente por submarinos. Xa no 2007 predicíu o inminente fenda da capa de xeo e a aceleración na redución da superficie ocupada polo xeo, que pasou dun mínimo de 4,1 millóns de quilómetros cadrados ese ano a 3,5 millóns este ano.

No citado xornal advirte que a causa principal é simplemente é o quentamento global: con temperaturas máis elevadas fórmase menos xeo durante o inverno e derrétese máis rapidamente no verán.

A desaparición do xeo terá un lado positivo, como a maior facilidade para o transporte e acceso ás reservas de petróleo e gas, pero as implicacións serán terribles, pois contribuirá ao quentamento da auga e á aceleración do cambio climático, co derretemento do permafrost (o subsolo xeado) e a liberación de grandes cantidades de metano.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia.

AVALIACIÓN GLOBAL DOS OCÉANOS

AVALIACIÓN GLOBAL DOS OCÉANOS

Avaliación global dos océanos / BEN HALPERN AND COLLEAGUES / NCEAS 2012

Dos 7.000 millóns de persoas que habitan o planeta, máis do 40% viven preto da costa mariña e interactúan co océano dunha ou doutra maneira. As poboacións obteñen alimentos, exploran o litoral para o turismo e as actividades de lecer; pescan; desenvolven economías costeiras, protexen as augas e a biodiversidade... ou non. Cómo medir o efecto de toda esta actividade en todos os países?

Un equipo científico internacional elaborou unha especie de termómetro, un indicador co que avalía a saúde do océano trala interacción coa especie humana. O seu diagnóstico global, en forma de puntuación, é de seis sobre 10. O termómetro permite calcular a puntuación de todos os países do planeta que miran ao mar atendendo ás súas condicións ecolóxicas, sociais e económicas. É a primeira avaliación global da saúde do océano, segundo os expertos da Universidade de British Columbia (Canadá) que interviron na súa elaboración.

A pesar da media de 6 para todo o mundo (ou 60 sobre 100 nos seus datos), os extremos son notables: a peor nota, un 3,6 sobre 10, lévaa Serra Leona e a mellor, 8,6 é para unha illa prístina no Pacífico sur (Jarvis). España sitúase case na media mundial cun 5,8. Só o 5% dos países superan o sete, mentras que o 32% suspende, con notas inferiores ao cinco.

En xeral, conclúen os investigadores á vista dos datos, os países desenvolvidos tratan mellor aos seus mares que os países en vía de desenvolvemento, pero a variación e as excepcións son notables, advierten. Ningún país supera o 8,6 de cualificación e a maioría está por debaixo do 7.

Cualificación: NM (Necesita Mellorar)!

FONTE: Xornal El País/Ciencia

PRESERVAR OS OCÉANOS:

PRESERVAR OS OCÉANOS:

Océano / Imaxe:nationalgeographic.es

O secretario xeral das Naciones Unidas (ONU), o surcoreano Ban Ki-moon, anunciou a creación dun novo acordo internacional para promover a preservación dos océanos, que se llamará "Oceans Compact". Un pacto a traves do cal coordinaranse as organizacións relacionadas coa ONU e co que se tratará de involucrar a ONG, empresas e ao mundo académico para afrontar os desafíos que presentan os océanos.

No discurso, con motivo do 30 aniversario da Convención sobre o Dereito do Mar de Nacións Unidas, Ban instou a "crear un novo impulso" contra a contaminación ou a sobreexplotación dos recursos mariños, ante "a crecente ameaza do cambio climático".

Esperemos que siva para algo!

FONTE: Xornal EL Mundo/Ciencia