Blogia
vgomez

ZONA VERDE

COMO FACER BEN OS 3R DO CONSUMIDOR ECOLÓXICO II

COMO FACER BEN OS 3R DO CONSUMIDOR ECOLÓXICO II

Reutilizar / Imaxe:las5rs.jimdo.com

Imos hoxe co segundo artigo adicado a como facer ben os tres erres do consumidor ecolóxico: REUTILIZAR.

Reutilizar é darlles aos produtos a máxima vida útil posible. Coa reutilización, ademais de xerar menos residuos e menos impacto ambiental, os consumidores aforran cartos. Á hora de facer a compra, pódese levar un carro ou bolsas reutilizables para evitar as de plástico dun só uso (aínda que estas tamén se poden reutilizar se se sabe como), e na casa pódense utilizar tarros, frascos ou caixas para gardar todo tipo de produtos, encher os cartuchos de tinta da impresora, usar pilas recargables, actualizar o ordenador, etc. Estas son algunhas das formas de reutilizar máis comúns, pero non as únicas:

-Intercambiar produtos usados: algo inútil para un pode ser un tesouro para outro. Libros, roupa, discos, mobles, etc. pódense intercambiar entre familiares e amigos, e non está de máis pasearse polos mercados de segunda man. En Internet hai iniciativas para o troco de todo tipo de artigos, como a rede Freecycle ou a institucional GipuzkoaTruke, da Deputación guipuscoana.

-Reutilizar obxectos usados e darlles máis valor: o coñecido como "upcycling" transforma un obxecto sen uso ou destinado a ser un residuo noutro de igual ou maior utilidade e valor, como mobiliario ou xoias, e mesmo algunhas iniciativas pagan os consumidores que leven os seus produtos vellos.

-Reutilizar lentes usados: diversas ONG e empresas colaboran para que os lentes vellos poidan servir en países en desenvolvemento.

-Reciclar aparatos electrónicos: varias páxinas web propoñen un sistema que recolle na nosa casa os aparatos electrónicos en bo estado pero que xa non se usan, dá un diñeiro por eles e reutilízaos para persoas con menos recursos.

-Reutilizar augas grises: a auga usada na cociña, a coada, o cuarto de baño, lavabos, vertedeiros, regadeiras, etc. pódese aproveitar de novo grazas a varios sistemas de depuración.

FONTE: Revista Consumer

COMO FACER BEN OS 3 R DO CONSUMIDOR ECOLÓXICO I

COMO FACER BEN OS 3 R DO CONSUMIDOR ECOLÓXICO I

Os 3 R do consumidor ecolóxico / Imaxe:vivoeco.cl

Cada vez reciclamos máis e o medio agradéceo. Pero a reciclaxe non é a única nin a máis importante acción ecolóxica que poden facer. As normativas europeas destacan aínda máis as prioridades ambientais: "O máis importante é reducir o uso de recursos, despois reutilizar os produtos para darlles unha vida útil máis longa e, unha vez que o produto non se pode empregar máis, reciclalo de forma axeitada".

Ao longo de tres artigos, imos ver como facer ben os tres erres do consumidor ecolóxico: reducir, reutilizar e reciclar.

Hoxe comezaremos por REDUCIR:

Reducir é facer uso da menor cantidade de recursos naturais posibles. É a acción máis importante que os consumidores poden facer polo medio. O obxectivo non é que non se consuma nada, senón facelo de forma sostible. Os produtos de usar e tirar ou os que levan un empaquetado excesivo son os primeiros que se deben evitar. Na nosa vida cotiá pódese reducir con distintas medidas beneficiosas de aforro para o medio e o peto:

-Auga: non deixar billas abertas, arranxar os que goteen, instalar sistemas de aforro ou reducir o consumo dos produtos que máis auga necesitan para a súa creación (auga virtual) diminuirán o gasto deste recurso.

-Alimentos: unha terceira parte dos alimentos pérdense ou desperdician segundo a ONU. Estudar a lista da compra ou organizar na casa os alimentos para consumir todos pode ser moi útil para que non rematen no lixo.

-Combustible: conducir de forma "ecolóxica" ou utilizar o transporte público ou a bicicleta son maneiras de recortar o gasto en gasolina.

-Enerxía: as medidas que se poden facer son moi variadas, como illar ben a vivenda, non abusar dos sistemas de climatización, utilizar aparatos eficientes (lámpadas de baixo consumo, electrodomésticos de clase A ou superior), ou anular os electrodomésticos con stand-by e, en xeral, calquera sistema eléctrico que non se use.

-Papel: para iso pódense aproveitar as follas polas dúas caras, recibir as facturas en formato electrónico, compartir revistas e xornais ou utilizar papel reciclado.

FONTE: Revista Consumer

10 AVES MÁIS RARAS DESCUBERTAS EN ESPAÑA (IV)

10 AVES MÁIS RARAS DESCUBERTAS EN ESPAÑA (IV)

Ixobrychus sturmii / Imaxe:avibirds.com

Cuarta das 10 aves raras ou rarezas descubertas en España, por achegarse ocasionalmente, fóra da súa zona habitual.

4. AVETORILLO CHUMBIZO (Ixobrychus sturmii): Aves solitarias de hábitos nocturnos orixinarias de África (en países como Nixeria son cazadas) e  que viven en humedais e zonas con abundante vexetación ribeireña. Realizan movementos migratorios a zonas máis ao norte, pero en España son unha rareza.

Poden acadar os 30 cm de lonxitude. O seu peso é duns 140 gramos. Non hai dimorfismo sexual nesta especie. Aliméntanse de peixes, anfibios, insectos e moluscos.

FONTE: Revista Consumer

ANIVERSARIO "NEGRO"

 

Cúmprense 10 anos daquel "negro" suceso: o afundimento do Prestige, que coincide paradoxicamente co comezo do xuízo na procura de responsabilidades e das millonarias indemnizacións.

Daquela, milleiros de voluntarios, manifestacións... A xente sensibilizouse polo tema! E 10 anos despois, mellorouse realmente no control marítimo para evitar outro caso similar?

Coma sempre o globo ínflase e logo..., ata que volva suceder!

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS E FROITOS

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS E FROITOS

 

Tomando como base as mostras recollidas na saída do pasado martes, día 13, ao "Niño do Corvo" (O Rosal) do alumnado do P. I. de 1º ESO e da A21, preparouse unha exposición de cogomelos e froitos no noso Centro, que estivo na planta baixa-entrada nestes dous últimos días.

A imaxe do alumno de 1º ESO A, Nestor Lomba, amosa parte da citada exposición.

Grazas a todos, alumnado, profesorado e persoal do centro, pola vosa cola colaboración!

SAÍDA ESCOLAR AO "NIÑO DO CORVO"

SAÍDA ESCOLAR AO "NIÑO DO CORVO"

Asistentes á saída ao "Niño do Corvo" / Imaxe: Antonio Lomba

No día de onte, 13 de novembro, alumnado de 1º ESO (Proxecto Interdisciplinar) e A21, en número de 41, acompañados de 6 profesores, 1 pai e un xubilado (antigo Xefe de Estudos deste Centro e profesor de E.F.), fixemos unha saída ao "Niño do Corvo" (O Rosal), para coñecer de primeira man aspectos do P.I. deste curso "As árbores" e aproveitar para a recollida de cogomelos a fin de facer unha exposición posterior no Centro.

O tempo acompañounos e os resultados foron satisfactorios!

10 AVES MÁIS RARAS DESCUBERTAS EN ESPAÑA (III)

10 AVES MÁIS RARAS DESCUBERTAS EN ESPAÑA (III)

Crex egraria / Imaxe:avifaunacanaria.blogspot.com

Terceira das 10 aves raras ou rarezas descubertas en España, por achegarse ocasionalmente, fora da súa zona habitual.

3. PASPALLÁS AFRICANA (Crex egraria): Descuberta en 2001 con vida, pero mo débil, no principal parque da cidade de Santa Cruz de Tenerife, durou un día, a pesar dos esforzos por recuperala. Esta ave pódese ver en varios países africanos e unha das súas peculiaridades é a súa capacidade para efectuar desprazamentos complexos.

FONTE: Revista Consumer.

10 AVES MÁIS RARAS DESCUBERTAS EN ESPAÑA (II)

10 AVES MÁIS RARAS DESCUBERTAS EN ESPAÑA (II)

Avistamento dun Sula sula en Málaga / Imaxe:www.cinerea.org

Segunda das 10 aves raras ou rarezas descubertas en España, por achegarse ocasionalmente, fora da súa zona habitual.

2. PIQUEIRO PATIVERMELLO (Sula sula):Ave tropical da familia dos alcatraces (Sulidae). Un  exemplar chegou a España por primeira vez en Europa, pero morreu víctima de anzois de pescadores deportivos na Costa Brava. Outro avistamento, o segundo en Málaga.

FONTE: Revista Consumer