Facebook Twitter Google +1     Admin
20141002194538-wasp-transit-large.jpg

  O planeta WASP pasa por diante da súa estrela anfitriona / Mark Garlick

 

Astrónomos da Universidade de Keele (Reino Unido) descubriron dous novos planetas extrasolares do tamaño de Xúpiter que orbitan senllas estrelas xemelgas dun sistema binario a 600 anos luz da Terra, na constelación de Microscopium. Estas estrelas formáronse a partir da mesma nube de gas e é a primeira vez que os científicos observan un caso similar.

O achado destes mundos “curmáns” arredor das estrelas WASP-94 A e WASP-WASP-94B realizouse cando, ao observar polo telescopio, os científicos detectaron diminucións na luz do astro, unha especie de minieclipses, o que indicaba que un corpo estaba a pasar por diante. Eses eran os planetas.

Os científicos cren que son do tipo «Xúpiter quente», do mesmo tamaño que o do Sistema Solar, pero situados moito máis preto das súas estrelas que o que o noso Xúpiter se atopa do Sol, polo que alí o ano dura só uns poucos días. Este tipo de mundos son raros, polo que é moi pouco probable encontralos tan xuntos no mesmo sistema.

A existencia de mundos deste tamaño tan preto das súas estrelas é unha incógnita dende hai moito tempo, xa que non puideron formarse tan preto do seu astro, onde vai tanta calor. Probablemente, formáronse moito máis lonxe, un lugar suficientemente frío para que o xeo se conxele fóra do disco protoplanetario arredor da moza estrela, formando unha coiraza para o novo planeta. Entón, algo debe de mover ao formula a unha órbita máis próxima, quizais a interacción con outro mundo ou unha estrela. Por iso, os astrónomos cren que encontrar a estes dous “curmáns” ao redor de dúas estrelas xemelgas pode axudalos a entender todo este proceso.

Segundo os autores do estudo, publicado na revista Nature, as dúas estrelas son relativamente brillantes, polo que é doado estudar os seus planetas para descubrir a súa composición e a das súas atmosferas.

FONTE: Xornal abc/ciencia 

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.