Os expertos da NASA din que este exoplaneta é tan negro como o "asfalto fresco", ten a capacidade única de todo o Universo coñecido, de atrapar o 94 por cento da luz que chega a el.

O exoplaneta estraño, chámase WASP-12b, é da clase dos chamados "Xúpiter quentes", é dicir trátase dun planeta enorme e gaseoso, coma o noso Xúpiter; pero que orbita moi preto da súa estrela, que é similar ao Sol, faino a só 3,2 millóns de quilómetros tan preto que o seu ano dura só un día. En comparación lembremos que Mercurio, o planeta máis próximo ao Sol está case a 58 millóns de quilómetros, polo que WASP-12b está quentado a temperaturas extremas. Ao estar tan preto da súa estrela o planeta non rota; polo que sempre mostra a mesma cara á estrela. Na cara de día hai tanto calor que se chega aos 4.600 graos Fahrenheit ou 2.537 graos centígrados que a maioría das moléculas son incapaces de sobrevivir. Isto orixina nubes estrañas, a luz que emite a estrela penetra profundamente na atmosfera, pero queda absorbida polos átomos de hidróxeno que a transforman en enerxía calorífica.

FONTE: nasa.gov/feature/goddard/...