Blogia
vgomez

HERBAS MEDICINAIS

A TÚA PROPIA BOTICA

 

É frecuente no inverno ter dor de gorxa, por causa do frío, coa consecuente tose. Neses casos acudimos como remedio a caramelos ou pastillas para calmar dalgún xeito os síntomas anteriormente indicados.

Hoxe propóñoche que elabores ti mesmo caramelos dese tipo dun xeito sinxelo.

Eso si, coidado co lume as queimaduras!

ÁLOE

ÁLOE

Aplicacións do a´loe / Imaxe: Clinica Hernadent

O áloe ou acebre é un arbusto de talo curto cuberto de follas dentadas na contorna. Pero, sabías que do áloe pódense extraer múltiples beneficios? Ademais, é unha planta fácil de manter no xardín ou mesmo unha maceta. Bota unha ollada ao que esta planta pódeche ofrecer.

Absorción de minerais e vitaminas: O áloe contén moitas vitaminas (A, C, E, B1, B2, B3, B6, B12) e ácido fólico. Tamén ten minerais, entre os que se atopa o calcio, cinc, cromo, selenio, ferro, cobre, magnesio, entre outros.

Ten un alto nivel de aminoácidos e ácidos graxos, que fan que as proteínas queden no noso organismo.

No áloe existen ao redor de 22 aminoácidos, dos cales 8 son imprescindibles para o organismo. Ademais, contén 3 esteroles vexetais que axudan a diminuír as graxas no sangue e reducir calquera tipo de alerxia.

Facilita a dixestión: O áloe é perfecto para limpar o tracto dixestivo. Ademais, o xel que compón o áloe é bo para o colon, xa que promove o refugallo das sustancias sobrantes a través do tracto intestinal. Tamén alivia a inflamación do colon.

Ten propiedades reguladoras e calmantes. O áloe mantén a saúde do intestino e axúdanos a ter sempre unha flora intestinal normal e libre de bacterias.

Beneficia a saúde cardiovascular: O áloe axuda a osixenar o sangue e distribuír os glóbulos vermellos polo corpo. Contén nutrientes que axudan a diminuír o colesterol e que regulan a presión arterial, mellorando notablemente a circulación.

Estimula o sistema inmune, xa que conta con polisacáridos que estimulan os glóbulos brancos do sangue para axudarlles a combater os virus. Así, o áloe potencia un sistema inmunológico resistente e rápido para combater calquera bacteria ou virus que puidese entrar no noso organismo.

Propiedades curativas na pel: O áloe conta con propiedades que axudan a sanar feridas. Ademais, se se aplica directamente sobre a pel pode aliviar as dores e irritacións en abrasiones ou queimaduras. Tamén é beneficioso para tratar a psoriasis, enfermidade crónica da pel que produce lesións escamosas engrosadas e inflamadas.

Xa sabes, aloe, unha farmacia natural!

FONTE: Blog.día.es

CARDO MARIANO

CARDO MARIANO

Flor do cardo mariano / Imaxe: globedia.com

O cardo mariano, ou cardo leiteiro (Silybum marianum), é unha planta herbácea, con follas ovaladas, bordos con lóbulos irregulares e espiñas, cor verde brillante con nervios brancos; flores de cor rosa intensa ou azul-violáceo e brácteas externas en forma de pincho curvo con espiñas laterais.

Sobre esta planta realizáronse mumerosas investigación científicas. O seu froito contén silibina, silcristina e silidianina, tres substancias que forman un complexo hepatoprotector coñecido como silimarina, que actúa sobre as células do fígado, rexenerándoas e combatindo as substancias hepatotóxicas (alcohol e outros tóxicos de orixe alimentario), favorecendo a secreción da vesícula biliar, sendo recomenda en casos de insuficiencia hepática ou de cálculos biliares.

Tradicionalmente, empregouse para aumentar a produción de leite materna durante a lactancia.

FONTE: el abc de las plantas

O TÉ

O TÉ

Campos de té co fondo do monte Fuji / Imaxe: fondos12.com

 Despois da auga o té é a segunda bebida máis consumida do mundo. Pero de que planta obtemos o té?

Pois dun arbusto da familia das teáceas (Camellia sinensis) orixinario de China de flores brancas e follas perennes, que despois de secas e torradas empréganse para facer a infusión.

 A especie é orixinaria de Cambodia, China, India, Laos, Myanmar, Thailandia e Vietnam onde medra nos bosques de latifolias ata os 2000 metros de altitude en zonas de clima tropical e subtropical húmido. India e China son os principais productores mundiales, seguidos por Brasil, Arxentina, Sri Lanka e Kenia. 

Das moitas variedades de té, destcamos os máis coñecidos:

  • Té verde: Chamado así pola cor verde pálida da súa infusión. Non é un té fermentado, sen oxidación. As follas sécanse e son fragmentadas rapidamente despois de ser recollidas. É un poderoso antioxidante atrasando o proceso de envellecemento. É depurativo (axuda a eliminar líquidos) e moi dixestivo. Pode axudar a perder peso. É rico en minerais, sodio, fluor e vitaminas A, B e C. 
  • Té negro: Realmente un té marrón, avermellado e escuro na infusión. É un dos máis populares en todo o mundo. Despois de escoller as follas, ferméntanse a sol aberto, oxidación substancial. Posúe propiedades antioxidantes, ser saciante, baixo en calorías e bo para o estómago, entre outras virtudes. 
  • Té branco: En vez das follas enteiras, recóllense só os brotes máis tenros e máis novos, que non se oxidaron, que é onde se atopa toda a "enerxía" da planta. Estes brotes (aínda sen abrir) están cubertos dun lanuxe branco que recobre a folla nada máis nacer (o que lle dá o nome a esta variedade). As súas propiedades son: sabor e delicado aroma, antioxidantes máis potentes que nos ofrece a natureza e o seu alto contido en vitamina, E e C, e contén a metade de teína que o té verde, e ten un efecto suavemente diurético. 
  • Té vermello: Sometido a un proceso de fermentación que pode durar de 2 a 60 anos en barricas de carballo, o que fai que as follas obteñan unha cor cobreada e, polo tanto, tamén a infusión. As súas propiedades: axuda a diminuír os niveis de colesterol e de graxa no sangue, propiedades diuréticas e é ideal para aliviar as dixestións pesadas.
  • Té azul: Ten un grao de oxidación media, semifermentado, entre os tés negros e os tés verdes. As súas propiedades son similares ás do té verde.
  • Té amárelo: Té semifermentado ou fermentado parcialmente comparable ao té azul. O seu sabor e propiedades similares ao do té branco e o verde.
  • Té Turco: É unha forma de té negro, prodúcese principalmente ao leste da costa do Mar Negro. É común bebelo moi quente, adóitase verter algo de azucre de remolacha.
  • Té verme: Prepárase coas sementes en lugar das follas. Usado como produto medicinal en China.

Moitas son as varidades para disfrutar dunha boa taza de té..

OLIVEIRA

OLIVEIRA

Follas de oliveira e olivas / Imaxe:www.dejardineria.com

A oliveira (Olea europaea) é unha árbore perennifolio, lonxevo, de tamaño mediano e con tronco nudoso. En Galicia, a oliveira está pouco espallada, aínda que se poden atopar exemplares aillados practicamente por todo o país. Na zona galega con influencia do clima mediterráneo poden atoparse masas arbóreas pequenas, que se crearan basicamente para autoconsumo. Esas masas localízanse, fundamentalmente, no conca do río Sil (comarcas de Quiroga, Valdeorras, Bolo) e no val de Verín.

De todos son coñecidos os efectos beneficiosos do aceite de oliva, o ouro líquido do seu froito, pero aquí quero falar doutros efectos a partir das súas follas. A acción hipotensora das mesmas, é atribuída dende hai moito tempo a unha única substancia, un iridoide chamado oleoeuropeósido, responsable simultaneamente das accións hipotensora, vasodilatadora, antiarrítmica e espasmolítica. En realidade existe outra substancia, recentemente descuberta, a oleaceína, que podería xustificar ao menos en parte, a súa acción hipotensora.

Útil na prevención da arteroesclerose e das enfermidades coronarias, a folla de oliveira permite igualmente tratar os trastornos asociados á hipertensión arterial, como cefaleas, vértigos, zuñidos de oídos, etc.

Tamén se ten constatado unha actividade hipocolesterolemiante (diminución do LDL colesterol e aumento HDL colesterol) e hipoglucemiante, podendo desta forma, utiliarse como tratamento coadxuvante da diabete non insulino-dependente (diabete tipo II).

En conclusión interesante nas alteracións circulatorias leves, hipertensión e diurético, sen olvidarnos do seu zume: o aceite.

CABAZA

CABAZA

Cabaza / Imaxe:dasgrueneforum.com

Cucurbita pepo é o termo botánico do que comunmente se denomina cabaza, cabazo ou calacú, froito da planta herbácea anual rastreira chamada cabaza ou cabaceira, que pode chegar aos 10 m de lonxitude, de talos acanalados e de aspecto áspero, follas pubescentes, lobuladas e acorazoada.

A cabaza foi unha das primeiras hortalizas traídas das Américas. As súas sementes lévanse utilizando durante moito tempo na medicina popular polas súas propiedades vermífugas (para eliminar as lombrigas intestinais), grazas ao aminoácido cucurbitina, comendo simplemente as súas sementes sen cáscara.

As sementes da cabaza, ben comidas sen cáscara ou preparando un xarope das mesmas machacadas con mel, son moi útiles para o tratamento da hipertrofia prostática benigna, xa que o aminoácido cucurbitina inflúe na dihidrotestosterona, evitando o aumento da próstata. Tamén ten propiedades diuréticas, polo que facilita o vaciamento da vexiga urinaria.

As súas follas en infusión teñen propiedades antipiréticas e antidiarreicas.

En resumo a cabaza é unha amiga da próstata masculina fundamentalmente, pero con aplicacións vermífugas, diuréticas, antipiréticas e antidiarreicas.

TOMILLO

TOMILLO

Tomillo / Imaxe:galeria.infojardin.com

O tomillo (Thymus vulgaris) é o nome dunha planta perenne da familia das labiadas (lamiales) que se emprega como condimento e como planta medicinal. O seu nome latino thymus (oloroso), fai referencia ao seu intenso aroma.

USOS:

O tomillo posúe propiedades antisépticas empregadas para tratar as infeccións pulmonares. É espasmódico e calma a tos espasmódica da tos ferina e do enfisema. Actúa tamén, sobre a rinorrea  diminuíndo as secrecións nasais.

Ao marxe da súa actividade pulmonar, o tomillo revélase tamén eficaz no alivio de problemas intestinais: ventre hinchado e aerogaxia, para o que resulta ideal asociado ao carbón vexetal. A súa acción antiséptica exércese igualmente sobre o sistema dixestivo e especialmente nos casos de diarrea.

O tomilllo ten virtudes estimulantes e antivíricas e como tal pode empregarse para previr as recidivas do herpes zóster. As súas follas son ricas nun aceite esencial cuxas propiedades empréganse en fitoterapia.

En resumo o tomillo é ideal para trastornos dixestivos e tos intermitente.

MELISA

MELISA

 Melisa / Imaxe:terapiasnaturales.com

A melisa (Melissa officinalis),tamén coñecida como toronxil, citronela ou  folla de limón, é unha herba perenne da familia das lamiáceas. Orixinaria de Asia Menor, foi introducida en Europa durante a Idade Media. Cultívase amplamente en xardíns polo agradable aroma e a súa beleza. 

USOS:

A melisa ten unha acción sedante e beneficiosa sobre o nerviosismo e a ansiedade. Axuda a tratar doenzas de orixe nervioso, así como flatulencias, espasmos intestinais e dixestivos, colitis, calambres de estómago e ercutos. Tamén exerce unha beneficiosa acción sobre os zuñidos de oídos, sensacións auditivas verdadeiramente desagradables.

Curiosamente a famosa auga do Carme, antiga fórmula dos Carmelitas que aínda se segue a empregar para o malestar dixestivo, non é nin máis nin menos que alcohol de melisa.

En resumo ideal para o nerviososmo moderado ocasional e relaxante dixestivo.