DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO
Seguro que todos e todas coñecedes que é e por que se celebra o Día das Letras Galegas, pero seguro que poucos coñecedes o Día do Científico Galego. Imos ver.
O pasado 23 de abril de 2008, celebrouse por primeira vez, o Día do Científico Galego, iniciativa da RAGC (Real Academia Galega das Ciencias), que pretende recompensar a aqueles que contribuíron ao desenvolvemento do coñecemento e da innovación en Galicia. Nesa data adicóuselle ao matemático Enrique Vidal Abascal. No presente ano, e o mesmo día 23 de abril, adicaráselle a Isidro Parga Pondal, o pai da xeoloxía da nosa comunidade.
Isidro Parga Pondal, xeólogo galego. Naceu en Laxe (A Coruña) o 17 de decembro de 1900. Estudou o bacharelato en Santiago, a carreira de química en Madrid e o doutorado en Zurich. Ao comenzo da Guerra Civil, foi purgado do seu posto de profesor, retirándose a Laxe, onde creou unha empresa mineira para a explotación do caolin. Máis tarde creou o Instituto Xeolóxico de Laxe, no que traballou ata o ano 1969, cando se retirou. Morreu en A Coruña o 4 de maio de 1986.
0 comentarios