PRATA NA LÚA
A revista "Science" acaba de publicar que a superficie da Lúa contén máis elementos do que se supoñía, segundo a análise do po levantado polo impacto dirixido dunha sonda lunar da NASA.
A NASA lanzou o Satélite de Observación do Cráter Lunar, conocida como misión LCROSS, o 18 de xuño do ano pasado. Llevaba a bordo un foguete, o Centauro, que tres meses e medio despois, o 9 de outubro, impactou contra a Lúa, xerando unha gran nube de máis de 750 metros de altura sobre a súa superficie.
Os investigadores non só detectaron no po lunar auga, senón tamén monóxido de carbono, dióxido de carbono, amoníaco, nitróxeno e, sorpresivamente, prata. Con todo, a cantidade do metal precioso achado é ínfimo e para nada suficiente, polo menos polo que se viu ata agora, como para ir á Lúa para extraelo.
0 comentarios