ANOMALOCÁRIDO
O anomalocárido atopado tería un aspecto similar ao da imaxe / Nature
Un equipo de paleontólogos (Perter Van Roy, da Universidade de Ghent e o seu equipo) descubríu un grupo de criaturas, extintas dende haci centos de millóns de anos, que chegaron a acadar tamaños insospeitados ata agora e que sobreviviron á extinción que houbo ao remate do Cámbrico, unha era xeolóxica na que a vida aínda non saíra dos océanos.
Trátase dun novo anomalocárido, de máis dun metro de longitude, atopado en Fezouata, no sueste de Marrocos, nunha rica rexión fosilera, e que viviron 30 millóns de anos despois de cando se suponía que tivera lugar a súa extinción.
Fósil do anomalocárido atopado en Marrocos / Nature
Os estraños anomalocáridos, do grupo que deu lugar aos artrópodos, que nos lembra ao calamar polo seu aspecto, estendéronse polo planeta coa explosión de vida mariña do Cámbrico, hai entre 540 e 500 millóns de anos. Tiñan os ollos saltóns e dous membros dianteiros cheos de espiñas, que seguro que utilizaron para coller ás súas presas ye levalas á boca. Tamén tiñan un par de aletas que usaban para nadar.
Ata agora pensábase que o grupo desaparecera coa primeira gran extinción na Terra, ao final do Cámbrico, pero non foi así. Viviron tamén a comenzos do Ordovícico, ao menos 30 millóns de anos máis.
0 comentarios