Blogia
vgomez

UN NOVO CRUSTÁCEO: "LIROPUS MINUSCULUS"

UN NOVO CRUSTÁCEO: "LIROPUS MINUSCULUS"

lustración da femia e o macho do Liropus minusculus / SINC

Un estudo publicado na revista Zootaxa , pola Universidade de Sevilla e o Museo de Historia Natural de Canadá, describe unha nova especie de crustáceo mariño achado na costa de California (EUA).

Os investigadores denominaron este novo crustáceo Liropus minusculus polo seu pequeno tamaño. Tan só miden uns 3,3 mm os machos e 2,1 mm as femias. A aparición deste animal por primeira vez no Pacífico nororiental permite coñecer os patróns bioxeográficos do xénero e entender os seus procesos de especiación.

José Manuel Guerra García, español, e o autor principal do estudo.

Estímase que só coñecemos entre un 5% e un 10% das especies que habitan o noso planeta, polo tanto a taxonomía é fundamental para caracterizar a biodiversidade global.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios