IMAXES DA SUPERNOVA 2014 J
Imaxe da supernova de tipo Ia máis próxima á nosa galaxia nos últimos 400 anos / Imaxe: iaa.es
Un equipo internacional de investigadores, no que participa a Universidade de Granada (UGR), logrou obter imaxes e espectros da supernova de tipo Ia (unha explosión termonuclear dunha estrela anana branca, cuxa masa é unhas 1.4 veces a do Sol) máis próxima á nosa galaxia nos últimos 400 anos.
A supernova, cuxos descubridores denominaron 2014 J, encóntrase nestes momentos na Galaxia M82, a unha distancia duns 12 millóns de anos luz da Terra, e o seu brillo é tal que agora mesmo pode verse cuns bos prismáticos, sen necesidade de telescopio.
Durante esta semana, a supernova 2014 J alcanzará o seu máximo brillo, e posteriormente irá decaendo. Trátase da supernova de tipo Ia máis próxima á Terra dende que en 1604 Johannes Kepler observou unha que estaba moito máis preto, na nosa propia Galaxia.
A Galaxia M82 (chamada a galaxia do cigarro) sitúase no ceo preto da Osa Maior. A supernova 2014 J foi descuberta o pasado 21 de xaneiro de 2014 por un grupo de estudantes do University College de Londres durante a súa clase de astrofísica.
FONTE:.europapress.es
0 comentarios