Blogia
vgomez

"RESURRECCIÓN" VIRTUAL DUN ARACNIDO DE HAI 410 MILLÓNS DE ANOS

 

Nunca saberemos como camiñaba porque hai 290 millóns de anos que se extinguiu. Pero grazas aos fósiles atopados en Escocia e a un novo programa informático, un equipo de paleontólogos reconstruíu o xeito no que cren que se desprazaba unha especie de arácnido que viviu hai uns 410 millóns de anos. Os detalles desta resurrección virtual publícouse na semana pasada na revista Journal of Paleontology.

O vídeo, asinado conxuntamente por investigadores da Universidade de Manchester e o Museo de Ciencias Naturais de Berlín (Museum für Naturkunde), é un exemplo do que os paleontólogos poden facer con esta ferramenta informática, denominada Blender, que está dispoñible de forma gratuíta para aqueles que queiran utilizala nos seus estudos.

O arácnido reconstruído era un membro dun grupo chamado trigonotárbidos, do xénero Palaeocharinus. Medían poucos milímetros de lonxitude e eran depredadores. Probablemente alimentábanse de invertebrados terrestres (posiblemente parentes de insectos non voadores ou de vermes). Vivían preto de zonas termais volcánicas, o que permitiu que se preserven en excelente estado.

Aínda que este grupo de arácnidos rematou por extinguirse hai 290 millóns de anos, durante 300 ou 400 millóns de anos deberon ser moi comúns en moitas zonas do planeta.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios