Blogia
vgomez

Á VENDA A NOVA LÁMPARA QUE DURA TODA A VIDA

Á VENDA A NOVA LÁMPARA QUE DURA TODA A VIDA

A nova lámpada / Imaxe: iwop.es

 

IWOP é a lámpada, o baluarte dun modelo de produción distinto baseado na sostibilidade e na fabricación de produtos sen unha duración predeterminada e sempre reparable. Simbolicamente representa a idea, a invención, o comezo dunha nova era caracterizada polo respecto ao noso planeta.

Entre as características técnicas da lámpada "que dura toda a vida", destacan a súa fabricación con tecnoloxía LED, que é reparable e que ten un consumo de 3,5 W.

O empresario, piloto e inventor Benito Muros é o artífice e impulsor deste produtor. Muros é o fundador en España dun movemento chamado «Sen obsolescencia programada» (SOP) que ten como obxectivo loitar contra a manipulación que os fabricantes fan dos aparatos eléctricos para que duren menos anos.

A inspiración para lanzar o seu invento chegoulle a Benito Muros nunha viaxe a Estados Unidos como turista onde se encontrou cunha lámpada que levaba acendida máis de 100 anos nun parque de bombeiros de California (a lámpada centenaria).

A nova lámpada fabrícase en Cataluña; en Xirona realízase a inserción de compoñentes, en Barcelona encóntrase o centro de I+D+I e en Igualada lévase a cabo a ensamblaxe final e almacenamento.

O prezo final da lámpada é de 33,88 euros co IVE incluído.

0 comentarios