Blogia
vgomez

ENCONTRO NO ESPAZO

ENCONTRO NO ESPAZO

A nave espacial Rosetta / Imaxe:es.euronews.com


A nave espacial Rosetta, que partiu da Terra hai algo máis de 10 anos, chega hoxe ao seu obxectivo: o cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko/Churyumov-Gerasimenko, un corpo do Sistema Solar feito de xeo e po, con forma de parrulo de goma e duns catro quilómetros de longo que está agora mesmo entre as órbitas de Júpiter e Marte, a tres veces e media a distancia entre a Terra e o Sol. Se todo sae como está previsto, a sonda automática da Axencia Europea do Espazo (ESA) poñerase na órbita do cometa e acompañarao na súa viaxe cara ao Sol para estudar de preto os cambios que sufra. O encontro será a 100 quilómetros da superficie do 67P/Churyumov-Gerasimenko/Churyumov-Gerasimenko, que foi desvelando algunhas das súas características, como a temperatura e forma, nas últimas semanas, á medida que a Rosetta, cargada de cámaras e sensores, estaba máis e máis preto e freando para compasar a súa velocidade a do cometa.

O núcleo do 67P/Churyumov-Gerasimenko/Churyumov-Gerasimenko parece estar formado por dous lóbulos, un algo máis grande que outro, unidos por un colo. As fotografías tomadas polas cámaras da nave a finais do mes pasado mostraban o cometa dando unha volta completa sobre si mesmo cada 12,5 horas cunha superficie moi accidentada. O estudo desta rexión de preto, non só a través de imaxes, senón tamén con outros instrumentos para coñecer a súa composición, axudará a determinar se o cometa é o resultado de dous corpos separados que se fusionaron ou se se trata dun só obxecto que se erosionou dramaticamente ata chegar á forma que vemos. Esa forma do 67P/Churyumov-Gerasimenko/Churyumov-Gerasimenko, cunha bóla grande e outra máis pequena, é o que recorda aos científicos ao parrulo de goma.

Se todo sae ben nos próximos días Rosetta será a primeira nave espacial póñase en órbita dun cometa e será tamén a primeira vez que unha sonda acompañe a un destes obxectos do Sistema Solar na súa viaxe cara ao Sol. Ademais, Rosetta leva outra primicia da exploración do espazo: unha sonda (Philae), de 100 quilos, que se desprenderá da nave o próximo novembro para descender ata a superficie do núcleo do 67P/Churyumov-Gerasimenko/Churyumov-Gerasimenko; despregará tres patas e engancharase con arpóns ao chan dende onde tomará múltiples datos e imaxes.

A nave achegarase ao 67P/Churyumov-Gerasimenko/Churyumov-Gerasimenko máis aínda dos 100 quilómetros do primeiro encontro de hoxe. Está previsto que para o 24 de agosto se aproximase ata os 50 quilómetros da superficie do núcleo e finalmente, o 10 de setembro, a Rosetta poñerase en órbita do cometa a 30 quilómetros. As complicadas manobras de aproximación comezaron hai unhas semanas acendendo os motores da nave en fases ben calculadas para ir perdendo velocidade. Agora queda completar a complexa traxectoria prevista ata poñer en órbita do pequeno obxecto celeste relativamente descoñecido un artefacto duns 3.000 quilos (no lanzamento, incluído o combustible), de 2,8 x 2,1 e 2 metros e con dous grandes paneis solares de 14 metros de longo cada un.

Os cometas interesan aos científicos porque non deberon cambiar moito dende a fase de formación do Sistema Solar, hai un 4.600 millóns de anos, polo que deben gardar pistas importantes daquel tempo remoto. Algúns especialistas mesmo esperan que esta misión teña algo que achegar sobre a hipótese de que a vida chegou á Terra nos cometas. O 67P/Churyumov-Gerasimenko/Churyumov-Gerasimenko cumpre unha volta ao Sol cada 6,4 anos e o seu punto de máxima aproximación á estrela sitúase entre as órbitas de Marte e a Terra.

FONTE: Xrnal El País/Ciencia

0 comentarios