Blogia
vgomez

UN ROEDOR DE MIL QUILOS: JOSEPHOARTIGASIA MONESI

UN ROEDOR DE MIL QUILOS: JOSEPHOARTIGASIA MONESI

Recreación do "Josephoartigasia monesi" / Universidade inglesa de York/EFE/AP

Un roedor de 1.000 quilos, do tamaño dun búfalo, cuns incisivos descomunais, dunha forza de 1.400 Newtons, similar á dun tigre, emparentado coas cobaias modernas, viviu en América do Sur e extinguiuse hai aproximadamente 3 millóns de anos, é o Josephoartigasia monesi.

 O seu fósil foi descuberto por primeira vez en 2008, pero unha investigación máis recente levada a cabo polo centro de Anatomía e Ciencias Humanas da Universidade de York no Reino Unido, descubriu por medio de simulacións dixitais que os incisivos deste enorme roedor poderían mesmo ter soportado tres veces máis forza do estimado nun principio.

Os sorprendentes resultados descubertos acerca da descomunal forza da peza dianteira da dentadura, publicados na revista Journal of Anatomy, fixeron pensar que debeu utilizar os seus incisivos para outras actividades ademais de comer, pois a forza destes dentes é tres veces maior do que o roedor necesitaría para accionar os seus músculos de mastigación, crendo os investigadores que tamén os usaban para loitar e defenderse como o fai un elefante cos seus cairos.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios