Blogia
vgomez

O CARNICEIRO DE CAROLINA: CAROLINENSIS CARNUFEZ

O CARNICEIRO DE CAROLINA: CAROLINENSIS CARNUFEZ

Reconstrucción do Carnufex Carolinensis / JORGE GONZALES. OPEN ACCES

Paleontólogos estadounidenses descubriron un antecesor dos crocodilos que probablemente foi un dos principais depredadores de América do Norte antes da chegada dos dinosauros ao continente. Alcumado o «Carniceiro de Carolina», o Carolinensis Carnufex era un crocodilomorfo de case tres metros de longo que vivía na terra, camiñaba sobre as súas patas traseiras e probablemente cazaba habitantes máis pequenos, como réptiles blindados e primeiros familiares dos mamíferos, dos ecosistemas da actual Carolina del Norte hai 231 millóns de anos.

Paleontólogos da Universidade Estatal de Carolina del Norte e o Museo de Ciencias Naturais do mesmo estado recuperaron partes do cranio, a columna vertebral e unha extremidade anterior do «Carniceiro» na Formación Pekin, no condado de Chatham, Carolina del Norte. Como o cranio estaba conservado en anacos, era difícil visualizar como fora en vida. Para obter unha visión máis completa da cabeza do Carnufex, os investigadores escanearon os ósos individuais coa última tecnoloxía de imaxe, un escáner de superficie de alta resolución, para crear un modelo tridimensional, utilizando os cranios máis completos de familiares próximos para encher as pezas que faltaban.

A Formación Pekin contén sedimentos depositados hai 231 millóns de anos no inicio do Triásico Tardío, cando o que hoxe é Carolina del Norte era unha rexión ecuatorial húmida e cálida que se empezaba a separar do supercontinente Pangea.

O achado foi publiacdo na “Scientific Reports”.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios