Blogia
vgomez

OS INSECTOS CORROBORAN QUE O CAMBIO CLIMÁTICO XA ESTÁ AQUÍ

OS INSECTOS CORROBORAN QUE O CAMBIO CLIMÁTICO XA ESTÁ AQUÍ

O escaravello Harmonia axyridis considerado invasivo en Dinamarca / commons.wikimedia.org

Ole Karsholt e Jan Pedersen, dous empregados do Museo de Historia Natural de Dinamarca, comezaron en 1992 a clasificar os insectos que atopaban no tellado do museo. Ambos os traballadores, que teñen unha ampla experiencia entomológica, levaron a cabo este control cada semana ata 2009. O que comezou como un pasatempo baseado na curiosidade científica converteuse nun estudo que revela como afectou o cambio climático á comunidade de insectos da zona.

O rexistro e a clasificación, feitos durante 18 anos, suxiren que os cambios no clima durante este tempo afectaron especialmente ás especies que se alimentan dun único tipo de planta: volvéronse máis sensibles aos cambios meteorolóxicos.

Sete especies novas de polillas e dúas de escaravellos rexistráronse por primeira vez en Dinamarca por Karsholt e Pedersen, incluíndo o escaravello asiático "dama multicolor" (Harmonia axyridis), que desde entón estendeuse á maioría do país e agora considérase invasivo.

Os científicos calcularon como cambiou a temperatura da contorna de cada grupo de insectos e aplicárono ao hábitat da especie en toda Europa durante o período de estudo. O hábitat da polilla experimentou un aumento de 0,14º C entre 1993 e 2008, e o das especies de escaravello aumentou en 0,42º C entre 1995 e 2008.

As consecuencias deste aumento de temperatura afectaron especialmente o gurgullo da porca (Curculio nucum), que se alimenta só dun tipo de avellana. Vive máis ao norte de Europa que o seu parente próximo o gurgullo da landra (Curculio glandium), que se alimenta só de landras. Mentres que o gurgullo da porca foi rexistrado só na primeira metade do estudo, o gurgullo da landra só apareceu na última parte, suxerindo que as especies que se alimentan dun só tipo de planta están a moverse cara ao norte.

O rexistro conta con ao redor de 250.000 insectos, entre os que se identificaron 1.543 especies diversas de polillas e escaravellos nun só tellado de Copenhague durante máis de 18 anos de seguimento. Isto supón o 42% de todas as especies de polillas de Dinamarca e o 12% dos escaravellos. O estudo, que se publicou na Revista de Ecoloxía Animal, está liderado por investigadores do centro de Geogenética e o de Macroecología, Evolución e Clima do Museo de Historia Natural de Dinamarca e tamén da Universidade de Copenhague.

Os científicos quéixanse da falta de atención política que teñen este tipo de estudos: "As investigacións deste estilo moitas veces están nun segundo plano en Dinamarca, e isto probablemente pase en moitos outros paises europeos", asegura Philip Francis Thomsen, un dos expertos. "Sen estes dous traballadores do museo, non saberiamos nada sobre a maioría das especies que hai en Dinamarca. Esperamos que isto poida devolver este tipo de seguimentos naturais á axenda política do país"

FONTE: Xornal El país/Ciencia

0 comentarios