UNHA LURA XIGANTE ENTRE BARCOS PEQUEIROS ATRACADOS
Unha lura xigante foi avistado esta semana na baía de Toyama, na costa norte de Xapón. Os veciños da zona foron sorprendidos cando este raro exemplar paseouse entre os barcos pesqueiros da zona durante máis dunha hora.
Un mergullador que se atopaba no lugar, Akinobu Kimura, non dubidou en lanzarse á auga para nadar xunto ao cefalópodo.
Kimura asegurou que se trataba dunha lura Architeuthis, un animal que polo xeral vive nas profundidades e pode alcanzar os 14 metros de longo. Os seus oito brazos e os seus enormes ollos (que poden alcanzar ata 25 centímetros de diámetro) son dous dos seus trazos físicos máis característicos, xunto cunha boca con pico de papagaio e unha bolsa de tinta relativamente pequena.
O animal medía case catro metros de lonxitude, polo que o mergullador sinalou que probablemente se trataba dun exemplar novo.
FONTE: Xornal La Vanguardia
0 comentarios