Blogia
vgomez

NON TE DEITARÁS SEN SABER UNHA COUSA MÁIS (XVI)

 

Coñécese como  buraco azul ou cova vertical ás covas submarinas ou sumidoiros, case circulares e de paredes empinadas, que destacan polo intenso contraste entre o azul escuro das augas máis profundas e o ton máis claro das superficiais. Os buracos azuis fórmanse por medio da percolación da auga de choiva ao penetrar a través de fracturas en rocas calcarias sedimentarias ata o nivel que tivo o nivel do mar durante as eras glaciais que ocorreron durante o Pleistoceno, hai uns 15.000 anos. A maioría deles atópanse en plataformas de carbonato de pouca profundidade, como os bancos das Bahamas ou os cenotes da Península de Iucatán, en México, Guatemala e Belice, en Centroamérica. A profundidade dos buracos azuis adoita roldar os 100 metros, pero hainos maiores. Ata hai pouco, a cova deste tipo máis grande coñecida no mundo era o buraco azul de Dean, de 202 metros de fondo. Está situado nunha baía ao oeste de Clarence Town, na Illa Longa, unha das máis de 700 que forman o arquipélago de Bahamas, no Océano Atlántico.

Con todo, o pasado mes de xullo, un equipo de oceanógrafos chineses descubriu outro moito máis profundo no mar da Chinesa Meridional. Trátase do buraco azul de Sansha Yongle, situado xunto a un atolón das illas Paracelso. A súa caída en vertical é de 300,89 metros, cun diámetro de 36 metros no fondo e de 130 metros na superficie. Ata agora os investigadores constataron que alberga no seu interior máis de vinte especies mariñas.

FONTE: Revista Muy Interesante

0 comentarios