Blogia
vgomez

ADIVIÑA O PLANETA II

ADIVIÑA O PLANETA II

 

A contestación á pregunta do día anterior é MERCURIO.

O planeta máis próximo ao Sol é Mercurio (tamén é o máis pequeno). Non ten satélites e o seu período de rotación é de 58,7 días. Como a súa órbita é inferior á da Terra, Mercurio periodicamente pasa diante do Sol. Ten un diámetro de 4879,4 km e unha temperatura media de 166 ºC. (Mínima de -183 °C e máxima de 427 ºC).

E agora, a pregunta de hoxe:

É tan parecido á Terra que se non fose porque é o planeta máis quente do sistema solar poderiamos dicir que é case o seu xemelgo. O seu diámetro e a súa masa son case idénticos.

- Venus.

- Marte.

- Neptuno.

- Mercurio.

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante

0 comentarios