ADIVIÑA O PLANETA XI
A contestación á pregunta do día anterior é SATURNO .
O hexágono xigante que rodea o polo norte de Saturno chamou a atención de astrónomos e afeccionados. Trátase dun patrón nubrado persistente localizado a aproximadamente 78°N. O curioso é que o hexágono non se despraza longitudinalmente como outras nubes da atmosfera visible.
E agora, a pregunta de hoxe:
O planeta máis grande descuberto ata a data?
- Xúpiter
- TrES-4b
- Kepler-64b
- WASP-12b
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Revista Muy Interesante
0 comentarios