Blogia
vgomez

CONSELLOS PARA PROTEXER O TEU SMARTPHONE

 

Mikko Hypponen é unha especie de superheroe da seguridade informática. En febreiro de 2011 o finlandés viaxou ata Lahore, Paquistán, para entrevistar os creadores de Brain, o primeiro virus informático da historia, que infectou a numerosos computadores a través de disquetes a comezos de 1986. Por aquel entón, Hypponen era un adolescente que aprendera a programar aos 13 anos coa súa primeira computadora, un Commodore 64. Brain foi o primeiro virus que analizou para aprender a combatelo, e a súa viaxe a Lahore 25 anos despois pechaba un círculo: o que poñía cara a cara a un dos maiores expertos mundiais en seguridade informática cos iniciadores dun problema que hoxe en día afecta a gobernos, empresas e particulares de todo o planeta.

Como alguén que pasou a maior parte da súa vida combatendo infeccións informáticas e denunciando ás grandes axencias gobernamentais polos seus sistemas de control sobre os cidadáns (nunha conferencia afirmou: "Os dous grandes avances da comunicación do noso tempo convertéronse nas dúas grandes ferramentas de vixilancia dos gobernos. Falo do teléfono móbil e da internet. George Orwell era un optimista"), a pregunta que máis veces tivo que responder Hypponen é: como pode un usuario normal protexer a súa intimidade na internet? A resposta é desesperanzadora: "É difícil, recoñecía nunha entrevista á web especializada securityaffairs.co. A encriptación axuda. Os VPN axudan. Navegar en modo privado axuda. Borrar as cookies axuda. Non estar logeado en Facebook, Linkedin e Google axuda. Usar diferentes navegadores tamén axuda. Pero non existe o 100% de privacidade online. Desafortunadamente".

Ante estas declaracións asusta pensar que algunhas das infraestruturas máis importantes para a nosa vida, como redes alimentarias, centros de tratamentos de auga ou plantas de enerxía (por non falar dos medios de comunicación ou o sistema bancario), están conectados a Internet. E, por tanto, expostos a ataques informáticos. A ciberdelincuencia é un excelente negocio, sobre todo co crecemento do comercio electrónico e as operacións de usuarios cos seus bancos a través dos teléfonos móbiles. Existe todo un mercado de servizos ao redor deste tipo de crime porque é moi rendible. E, ao mesmo tempo, os gobernos de todo o planeta buscan tamén ter controlados e vixiados aos seus cidadáns, non sempre con boas intencións. Afortunadamente hai xente como Hypponen que se negan a resignarse, eles son os superheroes da internet, que velan para que o resto podamos durmir (relativamente) tranquilos: "Este problema nunca se acabará. Sempre teremos ataques porque esa xente non vai desaparecer. É un círculo sen fin, é o xogo do gato e o rato. Con todo nós non planeamos rendernos. Negámonos a rendernos, imos continuar loitando".

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País

0 comentarios