ALBERT EINSTEIN X
A contestación á pregunta do día anterior é FALSO.
Falso. Einstein era un mal estudante e por iso as súas notas eran bastante malas. De feito, o seu profesor dixo del: "Este mozo non chegará nunca a ningún sitio". Os seus mestres dicían que era lento e que reflexionaba demasiado antes de contestar a unha pregunta nun exame. Ademais, non conseguía aprender nada de memoria. Fracasou no exame de ingreso á universidade (1896) para entrar na Universidade Politécnica Federal de Suíza. Aprobou as seccións de matemáticas e ciencias, pero suspendeu en materias como historia e xeografía.
E agora, a pregunta de hoxe:
Que fixo Einstein co diñeiro que se outorga a todos os galardoados co Premio Nobel?
- Aceptou o premio pero rechazou os cartos.
- Cedeu todos os cartos do premio a súa exmuller Mileva Maric.
- Empregou os cartos nunha nova investigación.
- Creou unha fundación para axudar á investigacións de xoves físicos.
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante
0 comentarios