ALBERT EINSTEIN XII
A contestación á pregunta do día anterior é VERDADEIRO.
Cando Jaim Weizmann, o primeiro presidente de Israel e vello amigo de Einstein faleceu, o embaixador israelí en Estados Unidos ofreceulle ser presidente do Estado de Israel, pero rexeitouno. "Estou profundamente conmovido polo ofrecemento do Estado de Israel e á vez apenado e avergoñado por non poder aceptalo. Durante toda a miña vida tratei con cuestións obxectivas, polo que carezo da aptitude natural e da experiencia para tratar como cómpre coa xente e para desempeñar funcións oficiais. Son o máis afligido por estas circunstancias, porque a miña relación co pobo xudeu converteuse no meu vínculo humano máis forte, desde que tomei plena conciencia da nosa precaria situación entre as nacións do mundo", explicou Einstein.
E agora, a pregunta de hoxe:
Onde se atopa o cerebro de Albert Einstein?
- Loxicamente xunto ao seu corpo, enterrado no cemiterio de Hönggerberg en Zúric
- O seu corpo foi incinerado, salvo o seu cerebro, que foi extraído e conservado para o seu estudo.
- Todo o seu corpo foi incinerado e as súas cinzas esparexidas nun lugar que nunca se divulgou.
Mañá a solución e... unha nova proposta!
FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante
0 comentarios