DESCOBREN O ELO PERDIDO ENTRE AS AVES E OS CROCODILOS
Cando o mozo paleontólogo británico Alan Charig defendeu a súa tese doutoral en 1956 non se imaxinaba que a especie fósil de dinosauro á que tentaba dar nome quedaría sen bautizar de forma oficial ata 2017. Faltábanlle ósos e evidencias sobre as relacións que un animal ao que chamou Teleocrater tiña co resto dos seus parentes na escala evolutiva.
Eses datos cruciais han chegado agora da man do paleobiólogo estadounidense Sterling Nesbitt, que liderou a investigación que obtivo novas mostras de Teleocrater rhadinus no sur de Tanzania para completar a descrición final da especie.
O achado, publicado na revista Nature describe unha criatura que viviu fai máis de 245 millóns de anos durante o período Triásico. Carnívoro, de dous a tres metros de envergadura, pescozo e cola longos, este animal camiñaba de poutelas como os crocodilos e non como pequenos bípedos que se supoñían para este punto da evolución.
As análises sobre a súa posición no rexistro fósil colócano xusto despois de que o gran grupo de réptiles coñecidos como os arcosaurios dividísese en dúas ramas: a rama que deu lugar aos dinosauros e eventualmente aves e a rama que conduce aos caimanes e crocodilos modernos.
O Teleocrater asígnase a un grupo completamente novo de réptiles chamados Aphanosauria, que sentan na base da liña das aves antes da división entre os pterosaurios (arcosaurios voadores) e os dinosauros.
Este devanceiro das aves obriga a repensar a evolución temperá dos dinosauros xa que presenta formas de transición entre aves e crocodilos, como un análogo da articulación do nocello destes réptiles, e algunhas características clásicas dos dinosauros.
Ademais o estudo suxire que estas primeiras aves foron considerablemente máis ricas en especies, máis amplamente distribuídas xeograficamente e morfológicamente máis diversas do que se pensaba anteriormente.
Fonte: Xornal El Mundo/Ciencia
0 comentarios