Blogia
vgomez

GOLFIÑO ANANO PREHISTÓRICO SEN DENTES

Reconstrución de como puido ser este golfiño atopado en EEUU

Un submarinista atopou no río Wando, preto da cidade de Charleston, en Carolina do Sur (EEUU), o cranio dun golfiño extinto que viviu fai entre 28 e 30 millóns de anos. Trátase dunha nova especie de cetáceo que só medía un metro de longo e carecía de dentes.

O grupo de científicos que estudou os restos fósiles nomeou á especie como Inermorostrum xenops. A descrición deste novo espécime do período Oligoceno foi publicada na revista científica Proceedings of the Royal Society B.

O autor principal do estudo, apunta a que este golfiño anano tiña un fuciño curto, con beizos grandes e posiblemente presentaba bigotes. A carencia de dentes indica que probablemente se alimentase succionando ás súas presas desde o fondo do mar, en lugar de mordelas ou desgarralas para masticarlas. Isto sorprende aos investigadores, xa que este animal primitivo sitúase na rama evolutiva que logo orixinou as baleas dentadas, os Odontoceti. O descubrimento engade ademais unha nova variedade na forma de inxesta e nutrición nun período prehistórico no que se diversificaron estes hábitos de alimentación.

O feito de que se alimentase por succión nun momento tan cedo da evolución pode indicar un aumento da produtividade oceánica, segundo a investigadora. Crese que apresaba luras e outros invertebrados brandos que viven no fondo mariño, succionándoos dunha maneira algo similar a como fan as morsas de hoxe en día.

Os científicos tamén recalcan o feito de que este antigo cetáceo fose máis pequeno que os seus parentes máis próximos e significativamente menor aos golfiños mulares actuais, que miden de dous a tres metros e medio de longo. Crese que este golfiño anano fósil, do que só se atopou un cranio, tivese o tamaño dunha marsopa moderna e pesase uns 55 quilos.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios