Blogia
vgomez

GLIESE 932C, UNHA SUPERTERRA A 16 ANOS LUZ

¿Un planeta como la Tierra a solo 16 años luz de distancia?

 

Un equipo de astrofísicos da Universidade de Texas en Arlington (EE. UU.) predixo que un planeta similar á Terra podería estar escondido nun sistema estelar a tan só 16 anos luz de distancia do noso planeta. O achado foi publicado na revista The Astrophysical Journal.

Os científicos investigaron o sistema de estrelas Gliese 832 na constelación de Grus (A Grulla), para buscar exoplanetas adicionais que residan entre os dous mundos actualmente coñecidos deste sistema. Os seus cálculos revelaron que un planeta similar á Terra cunha configuración dinámicamente estable pode residir a unha distancia que oscila entre 0,25 e 2,0 unidades astronómicas (UA) da estrela.

"Segundo os nosos cálculos, este hipotético mundo alieníxena probablemente tería unha masa entre de 1 a 15 masas da Terra", sinala o líder do traballo.

Gliese 832 é unha anana vermella e ten pouco menos da metade da masa e o radio do noso Sol. Orbitando esta estrela, atópase un xigantesco exoplaneta parecido a Xúpiter (Gliese 832b) e unha superterra chamada Gliese 832c. O xigante gaseoso con 0.64 a masa do noso Xúpiter, está a orbitar á estrela a unha distancia de 3,53 UA, mentres que o outro planeta podería ser un mundo rochoso, ao redor de cinco veces máis masivo que a Terra, e residindo moi preto da súa estrela de acollida. Gliese 832c ten un período orbital de tan só 35,68 días e unha masa de apenas 5,4 veces a masa da Terra.

Para esta investigación, o equipo analizou os datos simulados dun planeta de masa terrestre neste sistema planetario próximo coa esperanza de atopar unha configuración orbital estable que puidese estar situado nun vasto espazo entre os dous planetas coñecidos. Observando regularmente o espectro dunha estrela , e así, medindo a súa velocidade, pódese ver se se move periodicamente debido á influencia dun compañeiro.

"A existencia deste posible planeta está apoiada pola estabilidade orbital a longo prazo do sistema, a dinámica orbital e a análise sintética do sinal de velocidade radial", sinala o estudo. "Ao mesmo tempo, aínda se necesitan un número significativamente grande de observacións de velocidade radial, estudos de métodos de tránsito, así como imaxes directas para confirmar a presenza de posibles novos planetas no sistema Gliese 832".

Así, se o novo planeta se atopa ao redor de 1 Unidade Astronómica da estrela, ten un límite de masa superior a 10 masas terrestres e un sinal de velocidade radial xerada de 1,4 m/s.

Un planeta con aproximadamente a masa da Terra no mesmo lugar tería sinal de velocidade radial de só 0,14 m/s, polo tanto moito máis pequeno e difícil de detectar coa tecnoloxía actual.

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

0 comentarios