Blogia
vgomez

LUVAS CON TACTO

 

"Sentir o movemento das ás dunha bolboreta na punta dos dedos". A frase parece un verso. Talvez dun poeta non demasiado bo, deses que tiran de metáfora fácil e rimas consoantes para esconder a palabra. Pero non é un verso, senón o exemplo que pon Luís Castelo para destacar as asombrosas posibilidades do Gloveone, unha luva para ser utilizado con programas de realidade virtual, que provoca en quen o utiliza a ilusión de estar a tocar os obxectos  cos que interactúa. "Nós empezamos en 2014 a innovar en temas de saúde con realidade virtual para deficiencias neurológicas ou problemas de alzheimer con moitos tipos de pacientes -explica Castelo para xustificar a orixe do Gloveone-. E démonos conta de que cando probaban a realidade virtual, o primeiro que facían era tentar agarrar ou coller obxectos que aparecían polas lentes. E de feito o non poder facelo provocaba que se angustiasen moito con toda a experiencia. Así descubrimos ese gran oco que era o sentido do tacto ou o posibilitar que sentisen o que estaban a ver".

Gloveone é o produto co que se deu a coñecer Neurodigital, empresa almeriense fundada por Castelo, enxeñeiro informático, e Francisco Neto, doutor en Neurociencia. A evolución háptica (relativa ao sentido do tacto) é a próxima fronteira que ten que afrontar a realidade virtual: dominadas as posibilidades ópticas e acústicas, controlar o tacto,un sentido moito máis complexo, permitirá multiplicar e elevar as prestacións das aplicacións de VR. Neste sentido Gloveone supuxo un espectacular avance, debido a que non só consegue que o usuario senta o peso ou a textura do que está a tocar no mundo virtual, así como traducións doutros sinais mediante presión, senón tamén que vexa as súas propias mans mentres manexa os obxectos.

O seu seguinte proxecto, Avatar VR, que ademais das luvas inclúe distintas bandas que tamén envían e reciben información, é un paso máis cara ao que Castelo considera é o futuro da realidade virtual: "pasa por erradicar calquera tipo de soporte intrusivo". Moi pronto, cre, seremos capaces de ter experiencias completamente inmersivas sen necesidade de luvas, cascos ou traxes. Bastarán uns adhesivos con sensores. Nese momento será cando a realidade virtual dea o gran salto cara ao que nos diriximos: "os límites non os marca a nosa tecnoloxía, senón o que sexamos capaces de imaxinar".

FONTE: José L. álvarez Cedena/Xornal El País

0 comentarios