Blogia
vgomez

SR-72: UN AVIÓN A 7.407 KM/H

Fotografía del SR-71 «Blackbird» («Mirlo»)

SR-71 "Blackbird" (Merlo) / Imaxe:wikipedia

 

En plena Guerra Fría, as Forzas Aéreas de Estados Unidos (USAF) tiñan no seu arsenal un avión espía súpersonico capaz de superar Mach 3, é dicir, tres veces a velocidade do son (uns 3.600 km/h). Tratábase do SR-71 "Blackbird" (Merlo), un aparello que podía viaxar de Londres a Nova York nunhas dúas horas e que serviu entre os anos 1964 e 1990. O seu labor era facer misións de recoñecemento de forma furtiva, aínda que en numerosas ocasións foi interceptado por forzas soviéticas.

Os estadounidenses poderían xa estar a fabricar ao herdeiro moderno do "Blackbird". Ou non. Nunha conferencia celebrada a semana pasada, suxeriuse que o sucesor, un aparello chamado SR-72, xa estaba en produción, pero polo momento ninguén o confirmou oficialmente, tal como informou Live Science.

A web corporativa de Lockheed Martin explica que o SR-72 é un avión hipersónico, o que quere dicir que polo menos alcanza o Mach 5. De feito, o aparello está deseñado para chegar a Mach 6, é dicir, 7.407 Km/h. A esa velocidade, aseguran, a aeronave sería tan rápida, que un adversario non tería tempo para reaccionar ou esconderse.

FONTE: Xornal abc/ciencia

0 comentarios