Blogia
vgomez

CANTO SABES DOS BOSQUES DE ESPAÑA VIII

Pirineos

 

A contestación correcta á pregunta do día pasado é  ESCRIBENTA DAS CANAVEIRAS. A escribenta das canaveiras (Emberiza  schoeniclus), como o seu nome indica, vive en zonas  palustres con moita vexetación, especialmente nos  carrizales. As outras dúas especies de aves son tipicamente forestais: o  ferreiriño cristado (Lophophanes  cristatus) prefire os piñeirais, aínda que atopámolo en todo tipo de bosques. Algo similar sucédelle ao peto real (Dendrocopos  major), paxaro carpinteiro cuxo pico permítelle tradear case calquera tipo de madeira para facer os seus niños, aínda que prefire a de coníferas como o piñeiro.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Imos aos Pirineos de vacacións. Que podemos atopar?

- O Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido, o Parque Natural de Posets-Maladeta e o Parque Natural dos Aiguamolls de l’Empordà

- O Parque Nacional de Aigüestortes, o Parque Natural dos Aiguamolls de l’Empordà e o Parque Natural del Montseny

- O Parque Nacional de Aigüestortes, o Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido e o Parque Natural de Posets-Maladeta

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante/Naturaleza

0 comentarios