Blogia
vgomez

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

María Victoria Moreno / Imaxe: Ramón Leiro/lavozdegalicia.es

María Victoria Moreno Márquez é a figura que protagonizará o Día das Letras do 2018, que hoxe, 17 de maio, se celebra.

Profesora, poeta, narradora e ensaísta, María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941- Pontevedra, 2005) chegou a Galicia con 23 anos tras casar cun pontevedrés e axiña asumiu a cidadanía galega e a súa lingua e literatura.

Como profesora comeza en Pontevedra, en 1963, como interina. En 1965 aprobou as oposicións, sendo destinada ao Instituto Masculino de Lugo, durante dosu anos. Posteriormente exerceu en Vilalonga (Sansenxo) durante catro anos. En 1967 volce a Pontevedra ao Instituto Feminino (agora Valle Inclán).

Como poeta destaco Eu conto, ti cantas de 2005 e Elexías da luz de 2006.

Como narradora destaco Mar adiante (Historias de nenos para nenos) de 1973 e Anagnórise de 1989.

Como ensaísta destaco As linguas de España de 1991 e Diario da luz e a sombra de 2004.

Para profundizar na obra e vida da homenaxeada preme AQUÍ.

"Por isto penso que a situación do galego non se pode ver con indiferenza. Se estou coa xente que amasa o meu pan e mais colle no mar os peixes da miña mesa, tamén quero falar con eles, falar a súa fala".
                                                                           (María Victoria Moreno)

FONTE: lavozdegalicia.es e academia.gal

0 comentarios