Blogia
vgomez

CIBERCONTROL. NON PERMITAS QUE NINGUÉN CONTROLE A TÚA VIDA

 

Aínda que os adolescentes e mozos mostran rexeitamento ante a violencia de xénero, non son tan conscientes da súa presenza na contorna dixital. No mundo  online está a xestarse un tipo de malos tratos que pasa desapercibido, xa que non é unha agresión física, senón que se manifesta a través da vixilancia e o acoso a través de redes sociais, servizos de mensaxería instantánea ou do rexistro de chamadas. Froito diso, cada vez danse máis casos de violencia de xénero no mundo dixital, tal e como alertan, por exemplo, os Centros de Atención a Mulleres Maltratadas.

Saber o contrasinal dos perfís sociais da parella e revisalos é unha práctica bastante máis habitual do que pensamos, algo que dá lugar ao que se coñece como  cibercontrol, e constitúe unha nova forma de violencia que se exerce en parella de forma bilateral, tanto por parte dos homes como das mulleres.

Négate a esta práctica, é unha forma de malos tratos!

0 comentarios