Blogia
vgomez

OLÉ POR ROCÍO!

 

Rocío ten só 8 anos e xa é toda unha estrela. E non o é porque cante ben, nin porque publique vídeos en  Youtube, nin porque se presentou a un concurso de talentos. Rocío é unha estrela porque é unha persoa marabillosa.

No vídeo vese como Rocío defende con uñas e dentes a outra nena á que están a acosar por ter dous pais.

Todo un exemplo de respecto e tolerancia, que se converteu en todo un fenómeno  viral que cobrou especial relevancia esta semana con motivo das festas do Orgullo  LGTBI.

Olé por Rocio!

FONTE: Esther Mucientes/elmundo.es

0 comentarios