Blogia
vgomez

ATOPAN OS RESTOS DUN RÉPTIL MARINO XIGANTE

Ictiosaurio

Ictiosaurio / Imaxe: Revista Muy Interesante

Medía 26 metros, movíase a 40 quilómetros por hora, e durante 50 millóns de anos dominou os mares da Terra como o depredador máis rápido e eficaz. Trátase dun exemplar de ictiosaurio, un dos animais máis grandes que habitou o planeta, e cuxa mandíbula foi descuberta por un equipo internacional de científicos en  Lilstock, Reino Unido.

Ata o momento, o  ictiosaurio máis grande coñecido medía 21 metros de longo. Os restos deste exemplar, que se atopan no Museo Tyrell, en Canadá, serviron para comparar os novos restos e concluír que, efectivamente, pertenceron a un exemplar desta especie, que viviu no Triásico tardío, hai uns 200 millóns de anos.

O descubrimento é só un óso incompleto (chamado  surangular) da mandíbula inferior desta criatura xigante, que, calculan, mediría preto do tamaño dunha balea azul: un xigantesco ictiosaurio de tipo shastasaúrico.

O óso da mandíbula dun réptil prehistórico de 200 millóns de anos pertence a un dos animais máis grandes do mundo", segundo manifesta nun comunicado o grupo de  paleontólogos.

O estudo foi publicado na revista científica PLOS ONE.

FONTE: Laura Marcos/muyinteresante.es

0 comentarios