Blogia
vgomez

ALTERNATIVAS DE ENTERRAMENTO ECOLÓXICAS

Esta cápsula de eco-entierro convierte tu cuerpo en un árbol

Cápsula eco-enterro/ Imaxe: capsulamundi.it

Poderiamos describir esta idea como unha forma “eco-friendly” de pasar a mellor vida. En lugar de que os teus restos queden dentro dun cadaleito baixo terra ou rodeado de cemento nun nicho, esta empresa italiana quere darlle un uso diferente e que á vez axude a crear vida despois da morte. Os teus restos converteranse no abono para que unha árbore poida crecer onde os teus restos están enterrados. Como? Grazas a Capsula Mundi.

Trátase dunha especie de ovo de plástico biodegradable no que se introducen as túas cinzas e que logo se pode enterrar no chan. Unha vez baixo terra, este rompe e serve de nutrientes para unhs árbore que se planta xusto encima. Para os seus creadores, todo o que rodea ao enterro dun ser querido require un desembolso de cartos en elementos que acaban por converterse nun desperdicio. Así que pensaron que esta é unha boa maneira de que toda a enerxía e o investimento que se fai en enterrar a unha persoa sirva para que se poida crear vida tras a morte.

Non será mellor un campo cheo de árbores que de tumbas de pedra e cemento?

A primeira versión coa que están a traballar é para cinzas, pero a idea nun futuro é poder construír un ovo que sexa capaz de acoller a un ser humano en posición  fetal. Para que saibades a ciencia que hai detrás, unha bacteria que se atopa na terra axuda a romper o plástico, de maneira que as cinzas comezan a estar en contacto con ela. A pesar de que se cre que unha árbore pequena pode ser unha boa opción, segundo a científica  Jacqueline  Aitkenhead- Peterson, no caso de que sexa un corpo, hai que ter en conta que “no primeiro ano liberará a maioría dos nutrientes e con bastante rapidez, polo que unha árbore máis grande na parte de arriba podería ser mellor opción. Poder captar estes nutrientes é importante para protexer as augas subterránea”.

Animariádesvos a este tipo de enterramento?

FONTE: Alberto Pascual/quos.es/matureza

0 comentarios