Blogia
vgomez

OS 10 ANIMAIS ENDÉMICOS DE ESPAÑA MÁIS AMEAZADOS (V)

Continúo co quinto animal endémico do país (é dicir, que en todo o mundo só atópanse aquí), dos 10 que se atopan en maior risco, das máis de 600 especies animais ameazadas en España.

5. Samarugo (Valencia hispanica)

Oriúndo do litoral mediterráneo, este peixe atópase en situación crítica debido á degradación das zonas húmidas e mananciais nos que habita e á presión de especies exóticas invasoras, como a troita arcoiris ou a gambusia. 

Este peixe actinopterigio, que apenas chega aos 8 cm, caracterízase por unha boca  provista de dentes  mandibulares cunha soa punta, dispostos en varias filas, e unha cor entre o marrón claro e o amarelo (os machos, ademais, teñen os fíos das aletas alaranxados).

Continuará!

FONTE: farodevigo.es/medio-ambiente  e es.wikipedia.org        Imaxe: Naturalista MX

0 comentarios