Blogia
vgomez

AS 7 ESPECIES MÁIS AMEAZADAS DE ESPAÑA, PRÓXIMAS Á EXTINCIÓN III

Continúo coa serie adicada as sete especies ameazadas "próximas a extinción", que no pasado xullo foron declaradas pola Conferencia Sectorial de Medio Ambiente.

Hoxe tócalle á terceira: a xara de Cartaxena!

3. Xara de CartaxenaVisón Europeo (Cistus  heterophyllus  subsp.  carthaginensis)

jara de Cartagena

Xara de Cartaxena / Imaxe: jardineriaon.com

 É unha  subespecie fanerógama pertencente á familia Cistaceae. É un  endemismo do sueste de España en perigo crítico de extinción, quedando menos de 5 exemplares na súa poboación natural.

É un arbusto de entre 80 e 100 centímetros, moi  ramoso. As follas da planta son verdes e presentan un denso tomento no  envés. As follas superiores aparecen fixas ao talo e son  sésiles, mentres que as  basales teñen un  peciolo (de ata 0,3 cm). O tamaño das follas non supera os 2 cm de longo e 1 cm de ancho. Produce unhas  inflorescencias cimosas, de entre 1 e 3 flores. As flores presentan 5 sépalos e entre 12 e 25 pétalos de cor rosa que miden entre 10 e 25 mm. O froito é unha cápsula  negruzca de entre 7 e 9 mm. É hermafrodita, alógama, polinizada principalmente por coleópteros e himenópteros.

A súa principal ameaza: a gran expansión urbana do ser humano e os distintos impactos que provocamos sobre o medio natural: incendios forestais...

Onde atopala? Comunidade Valenciana e na Rexión de Murcia.

Mañá, outra especie!

FONTE: Ana Mª Nimo/futurosostenible.elmundo.es/wikipedia

 


0 comentarios