CANTOS INSECTOS HAI NO MUNDO?
Insectos / Imaxe: eldictamen.mx
Cantos insectos hai no mundo? Os insectos son, sen dúbida, o grupo de seres vivos máis abundante da Terra; non en balde, hai máis dun millón de especies descritas pola ciencia (e moitas aínda por descubrir). Número que probablemente ascenderá nun futuro a varios millóns de especies conforme vaiamos descubrindo estas novas especies (algo que xa vimos que sucede frecuentemente).
A Royal Entomological Society de Londres, Reino Unido (fundada en 1833), organismo dedicado ao estudo dos insectos e á difusión de información sobre os mesmos, levou a cabo un estudo polo que calculou que na superficie terrestre existen uns 10.000 millóns de insectos por quilómetro cadrado.
En España estímase que o número de especies de insectos existente ascende a 40.000.
Os máis abundantes a nivel mundial son os colémbolos (probablemente os animais máis numerosos da terra, e tamén dos animais terrestres máis antigos, pois podemos atopar ata 62.000 insectos por metro cadrado), os proturos (insectos pequenos e dificilmente observables, dos que se coñecen unhas 500 especies), os dipluros (artrópodos frecuentes da biota do chan que reciben este nome que significa ’dobre cola’ por mor de dous cercos situados ao final do seu corpo; destes artrópodos hexápodos coñécense unhas 800 especies), os arqueognatos ou peixiños de cobre (insectos primitivos de forma alongada, con tres ’colas’ na extremidade do abdome e un corpo cuberto por escamas con reflexos metálicos, dos que existen unhas 350 especies) e os peixiños de prata (traza ou sardineta, un insecto áxil, que foxe da luz e o seu nome deriva do brillo gris metálico do seu corpo, do mesmo xeito que cos arqueognatos; estes peixiños de prata aliméntanse de materias vexetais como o mofo, o papel, o cartón ou a cola de encadernar libros).
Os escaravellos (coleópteros), as abellas, as avispas, as formigas (himenópteros), as bolboretas, as polillas (lepidópteros), as moscas, os mosquitos (dípteros) e os hemípteros (entre os que se atopan os pulgóns, as cigarras e as chinches das camas) son, por esta orde de maior a menor, os insectos máis abundantes no noso planeta.
Curiosidade: Os mosquitos, que tan molestos resúltannos e tantas enfermidades transmiten pois son as especies invasoras máis perigosas do mundo, ocupan todo o planeta, excepto a Antártida.
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/matureza
0 comentarios