Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CINE XII

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Quenlla. Esta cinta de Steven Spielberg obtivo moito máis éxito do esperado, debido a que ambientar a película no verán e estrear a película nesta mesma estación provocaron un auténtico bombazo. Cambiou a historia do cinema partindo dunha idea particularmente simple: unha quenlla que ataca á xente (iso si, sen quenlla de verdade). Toda unha proeza artística.

E imos coa proposta de hoxe:

12. Un anel para gobernalos a todos. Un anel para atopalos, para atraelos a todos e atalos nas tebras. A que famosa película referímonos?

- O labirinto do  Fauno

- O Señor dos Aneis

- A Torre Escura

- O misterio do anel

Mañá a solución!

FONTE: Idea orixinal de muyinteresante.es/cine/cultura/curiosidades

0 comentarios