CINE: "MIRAI, A MIÑA IRMÁ PEQUENA
Esta fin de semana chega aos cines a película de animación "Mirai, a miña inrmá pequena". Esta cinta foi nominada na última edición dos Premios Oscar á Mellor Película de Animación. Que sexa unha película de animación, non significa que se destine exclusivamente a nen@s, todo o contrario, grandes mensaxes para os maiores. Esta é a súa ficha técnica:
Título orixinal: Mirai aka
Ano: 2018
Duración: 98 minutos
País: Xapón
Xénero: Animación
Productora: Studio Chizu
Dirección: Mamoru Hosoda
Guión: Mamoru Hosoda
Música: Takagi Masakatsu
Sinopse: Kun, un neno mimado e consentido de catro anos ao que os seus pais deixan de prestar atención cando nace a súa irmá Mirai, empeza a sufrir situacións en casa que nunca vivira. Pero entón, a versión adolescente da súa irmá viaxa no tempo desde o futuro para vivir xunto a Kun unha aventura extraordinaria máis aló do imaxinable.
Moi recomendable!
0 comentarios